Mayte Michelle Rodriguez, nada o 12 de xullo de 1978 en San Antonio, Texas é unha actriz estadounidense de ascendencia dominico-portorriqueña.
É coñecida polas súas interpretacións nos filmes The Fast and the Furious, Resident Evil, a serie de televisión Lost, e a súa actuación como Trudy, a piloto humana en Avatar.
Traxectoria Era unha aspirante a actriz cando topou cun anuncio que informaba dun casting para poder actuar no filme independente e de baixo orzamento Girlfight. Michelle gañou ás outras 350 rapazas que se presentaron ó papel, e encarnou a Diana Guzmán, unha adolescente con moitos problemas que decide canalizar a súa agresividade adestrando para tornarse en boxeadora. O traballo de Rodriguez foi recoñecido tanto pola crítica como polo público.
Posteriormente, tivo papeis noutros filmes de éxito, como The Fast and the Furious e Resident Evil. En 2004, Rodriguez prestou a súa voz para o videoxogo Halo 2, interpretando unha infante da mariña. De 2005 a 2010, interpretou a policía Ana Lucia Cortez na serie de televisión Lost.
En 2008, actuou no filme Battle in Seattle xunto a Charlize Theron. En 2009 volveu a actuar na cuarta parte da saga de películas de carreiras de coches Fast & Furious. Nese mesmo ano interpretou a piloto "Trudy Chacón" no filme de James Cameron Avatar.
Filmografía Filmes Ano Filme Papel Notas 2000 Girlfight Diana Guzman 2001 The Fast and the Furious Leticia "Letty" Ortiz 3 A.M. Salgado 2002 Blue Crush Eden Resident Evil Rain Ocampo2003 S.W.A.T. Chris Sanchez 2004 Asasino Teresa 2005 BloodRayne Katarin 2006 The Breed Nicki 2007 Battle in Seattle Lou 2008 Cats: The Movie Jujube VozGardens of the Night Lucy 2009Fast & Furious Leticia "Letty" Ortiz Trópico de Sangre Minerva Mirabal Avatar Trudy Chacon 2010Machete Luz 2011 Battle: Los Angeles Sarxento Elena Santos Fast Five Leticia "Letty" Ortiz Aparicións en Televisión Ano Título Papel Notas2005 Punk'd Si mesma 1 episodio Immortal Grand Prix Liz Ricarro 26 episodios 2005–2006, 2009–2010 Lost Ana Lucia Cortez 26 episodios 2007 Adventures in Voice Acting Si mesma 1 episodio 2010 Top Gear | Si mesma | 1 episodio |- ! colspan="4" style="background:#b0c4de;" | Voces e aparencia en Videoxogos |- ! style="background:#ccc;" | Ano ! style="background:#ccc;" | Título ! style="background:#ccc;" | Papel ! style="background:#ccc;" | Notas |- |rowspan="2"|2003 | True Crime: Streets of LA| Rosie Velasco
| Driv3r| Calita
| 2004 | Halo 2| Marine
| 2009 | James Cameron's Avatar: The Game'' Trudy Chacon
Categoría:Actores de Texas Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en San Antonio, Texas Categoría:Estadounidenses de ascendencia portorriqueña Categoría:Estadounidenses de ascendencia dominicana