José Lombardero Franco, nado na Coruña en outubro de 1864 e finado en París o 23 de outubro de 1912, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria Estudou a carreira de Dereito e colexiouse na Coruña pero non chegou a exercer como avogado. Colaborou como xornalista en La Voz de Galicia, que dirixiu entre 1887 e 1889, e foi redactor de El Imparcial e El Nacional de Madrid. Adquiriu a cabeceira do xornal El Noroeste, que refundou en 1896. Foi elixido deputado nas lexislaturas de 1901-1903 polo distrito de Arzúa, 1903-1905 polo da Fonsagrada, 1907-1910 por Ordes e 1910-1914 por Ordes e Pontedeume, correspondéndolle por sorteo representar a Pontedeume.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas No centenario de Ecos del Eume

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Xornalistas da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1912 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega