Coñécense como capitalismo cognitivo as prácticas económicas sobre as producións de coñecemento enmarcadas no capitalismo globalizado de finais do século XX e comezos do XXI. Xunto ao capitalismo relacional e o capitalismo dos afectos, é un dos tres puntais do capitalismo sobre bens inmateriais.

Capitalismo cognitivo e propiedade intelectual O seu nacemento está profundamente ligado á xustificación da expresión propiedade intelectual, onde a produción de coñecemento e bens inmateriais están suxeitos á lóxica da escaseza artificial. Esta xustificación conséguese equiparando os bens materiais nos que xa se interiorizou o concepto de propiedade privada baseada na antagonía ("se eu teño un material entón ti non o tes") e a exclusividade ("se é meu, entón eu decido que ti non o podes desfrutar") cos inmaterais onde até entón se relacionaban coa creatividade, a orixinalidade e que cobraban valor por si mesmos no acto directo do comunicado público.

Véxase tamén Bibliografía Blondeau, O., Dyer N., Vercellone, C., Kyrou, A., Corsani, A., Rullani E. et al. (2004) Capitalismo cognitivo, propiedad intelectual y creación colectiva, Madrid: Traficantes de sueños . Castells, M. (1999) La sociedad red, Madrid: Alianza Editorial .

Outros artigos Capitalismo. Sociedade do coñecemento.

Ligazóns externas Propiedad intelectual y software libre, presentación de Jorge Cortell na Universitat de Alacant, 19 de xullo de 2005.

Categoría:Dereito de autor Categoría:Capitalismo