Seán McGinley, tamén coñecido como Seán Mac Fhionnghaile, nado en 1956 en Gaoth Dobhair, Donegal, Irlanda e finado o 1 de novembro de 2009, foi un actor irlandés de cine e televisión.
Traxectoria McGinley era mellor coñecido polo público pola súa participación en programas de televisión irlandeses como CU Burn e Gleann Ceo, ademais era o produtor executivo de televisión. Tamén traballou na canle de radio irlandesa RTÉ Raidió na Gaeltachta no programa de humor "Cois Cuan". El creou a "Cul a Tigh", unha compañía de produción televisiva e transformou unha ruinosa fábrica preto da súa casa nunha escola de interpretación e centro de produción.
Vida persoal Casou con Theresa e tivo dúas fillas e dous fillos con ela. Morreu de cancro ós 57 anos de idade o 1 de novembro do 2009. O seu enterro tivo lugar na igrexa de Saint Columba en Brinalack, Gaoth Dobhair dous días despois.
Filmografía Fools of Fortune (1990). The Field (1990). Circle of Friends (1995). Braveheart (1995). Michael Collins (1996). Trojan Eddie (1996). The Disappearance of Finbar (1996). The Butcher Boy (1997). A Further Gesture (1997). The Informant (1997). Resurrection Man (1998). The General (1998). Simon Magus (1999). The Closer You Get (2000). The Claim (2000). Gangs of New York (2002). Dead Bodies (2003). Conspiracy of Silence (2003). Freeze Frame (2004). Man About Dog (2004). On a Clear Day (2005). The Mighty Celt (2005). O vento que axita o orxo (2006). The Tiger's Tail (2006). Sixty Six (2006). 48 Angels (2007). Shrooms (2007). Closing the Ring (2007). Wild Decembers (2009).
Categoría:Actores de cinema de Irlanda Categoría:Actores de televisión de Irlanda Categoría:Nados en Gaoth Dobhair Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2009