Non confundir con Ricardo Carballo Calero

Ricardo Alberto Silveira de Carvalho, nado en Amarante o 18 de maio de 1978, é un futbolista portugués. Xoga de defensa central e actualmente está sen equipo.

Traxectoria Co FC Porto gañou, entre outros títulos, unha Copa da UEFA e unha Liga de Campións da UEFA baixo as ordes de José Mourinho, por aquel entón o seu adestrador.

No 2004, fichou polo Chelsea, do mesmo xeito que o adestrador Mourinho. No Chelsea xogou de defensa central, compartindo posición con outros grandes centrais como o inglés John Terry ou o brasileiro Alex.

O 10 de agosto de 2010, con 32 anos, fichou polo Real Madrid, que pagou uns 8 millóns de euros por facerse cos servizos do xogador durante 2 tempadas con opción a unha terceira.

O seu primeiro gol foi o 11 de setembro de 2010 no partido que disputaron o Real Madrid e Osasuna, e que acabou 1-0 para o equipo merengue. O 7 de novembro de 2010 marcou o primeiro gol que abría a conta no derbi contra o Atlético de Madrid no Estadio Santiago Bernabéu, cun resultado final de 2-0, sendo considerado xogador clave na vitoria merengue.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoSupercopa de PortugalFC Porto Portugal1998Supercopa de PortugalFC Porto Portugal2001Liga PortuguesaFC Porto Portugal2003Copa de PortugalFC Porto Portugal2003Supercopa de PortugalFC Porto Portugal2003Liga PortuguesaFC Porto Portugal2004Premier LeagueChelsea Inglaterra2005Football League CupChelsea Inglaterra2005Community ShieldChelsea Inglaterra2005Premier LeagueChelsea Inglaterra2006Football League CupChelsea Inglaterra2007FA CupChelsea Inglaterra2007FA CupChelsea Inglaterra2009Community ShieldChelsea Inglaterra2009Premier LeagueChelsea Inglaterra2010FA CupChelsea Inglaterra2010

Copas internacionais

TítuloClubPaísAnoCopa da UEFAFC Porto Portugal2003Liga de Campións da UEFAFC Porto Portugal2004

Distincións individuais

DistinciónAnoFutbolista do ano en Portugal2003

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Ricardo Carvalho

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Amarante Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do FC Porto Categoría:Xogadores do Leça FC Categoría:Xogadores do Vitoria FC Categoría:Xogadores do FC Alverca Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do AS Monaco FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Futbolistas gañadores da Eurocopa