Hermenegildo Calvelo Rabuñal, nado en Carballo o 20 de xaneiro de 1856 e finado en Ourense a finais de setembro de 1918El Progreso, 2-10-1918, p. 3., foi un mestre, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Despois de realizar estudos eclesiásticos, aínda que non chegou a recibir as ordes, desempeñou un posto administrativo na Universidade de Santiago de Compostela mentres estudaba Maxisterio. Obtivo escola en 1885 e foi mestre en Cuntis e dende 1897 en Mourente, cargo do que foi separado por expediente gobernativo en 1904.El Magisterio Español, 23-1-1904, p. 7. Foi nomeado profesor de instrución primaria do cárcere de Vigo en 1913. Comezou a colaborar como xornalista en 1887 no periódico El Libredón de Santiago de Compostela, que acabou dirixindo. Foi director de El Áncora de Pontevedra (1897) e La Voz de Vigo (1909), colaborou en El Restaurador e foi o primeiro director de El Diario de Orense (1914-1918).El Eco de Santiago, 29-12-1913, p. 2. En Ourense foi funcionario de Facenda.El Progreso, 27-4-1915, p. 3. Morreu no outono de 1918, vítima da epidemia de gripe de 1918.

Obras Discursos sobre Metafísica. Discursos de don Hermenegildo Calvelo (1885).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Carballo Categoría:Nados en Carballo Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Finados por gripe