Roberto Ouro Vázquez, nado en Palas de Rei o 7 de xuño de 1900 e finado na Coruña o 30 de outubro de 1975, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de José Ouro Arias, licenciouse en dereito. Militou na ORGA e presentouse ás eleccións xerais de 1933 pola candidatura de esquerdas, pero non resultou elixido. Ingresou en Izquierda Republicana e nas eleccións xerais de 1936 foi elixido deputado pola provincia de Lugo polo Fronte Popular. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 24 de xullo e ingresou no cuartel de San Fernando con Francisco Lamas López. O 24 de abril de 1937 foi conducido ao cárcere de Cáceres. Expedientado por responsabilidades civís e políticas, foi desterrado a Las Hurdes, onde pasou case tres anos, e multado con máis de 250.000 ptas.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes