El Eco Antelano foi un periódico editado en Xinzo de Limia entre 1911 e 1912.

Historia e características Subtitulado Semanario Independiente, apareceu o 24 de decembro de 1911. Dirixido por José Santiago Taboada, o xefe de redacción era Ramón Villarino de Sáa e o administrador Modesto Álvarez Elices.La Región, 27-12-1901, p. 1. Aparecía os domingos. Era un xornal conservador e clerical que contiña información xeral, cultural, relixiosa e textos literarios e poemas. Entre os seus colaboradores figuraron César Tejada, Luis Otero Pérez, Luciano Bello, Francisco Seijo, Modesto Álvarez Elices, Luis Sánchez, Arturo Salgado Biempica e Xavier Bóveda. Cesou a súa publicación en abril de 1912.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense

Categoría:Prensa escrita de Xinzo de Limia Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1911 en Galicia