José Miñones Bernárdez, coñecido como Pepe Miñones, nado en Corcubión o 1 de maio de 1900 e finado na Coruña o 2 de decembro de 1936, foi un avogado, empresario e político galego.

Traxectoria Fillo de Manuel Miñones Barros. Estudou Dereito na Universidade de Madrid e rematou a carreira na USC. Creou o Partido Socialista Agrario en Corcubión. Loitou polo ferrocarril, a redención de foros, o agrarismo e a educación. Fundou en Corcubión a revista Nerio (1920), na Coruña o semanario Región Gallega (1924) e Finis Terre, e foi propietario do xornal La Provincia de Úbeda (1928).Diario La Provincia de Úbeda En 1926 viaxou a Buenos Aires enviado por El Sol para escribir sobre Arxentina e conseguir datos coa fin de fundar unha "Bolsa de Trabajo" en Corcubión auspiciada polo Centro Corcibión de Buenos Aires. Foi promotor e principal accionista da Electra Popular Coruñesa e de Hidroeléctrica La Loma. Militante do Partido Republicano Radical, foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1933. Seguidor de Martínez Barrio, pasou con el ao Partido Radical Demócrata e despois a Unión Republicana. Volveu ser elixido deputado nas eleccións xerais de 1936 nas candidaturas da Fronte Popular, pola mesma circunscrición.

miniatura|175px|José Miñones Bernárdez, retrato en Vida Gallega, 1934. Ao iniciarse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido polos sublevados na Coruña, encarcerado e condenado a morte e ao pago dunha multa dun millón de pesetas. Ademais fóronlle incautadas todas as súas empresas, incluída Electra Popular Coruñesa, que foi entregada ao simpatizante franquista Pedro Barrié de la Maza, que a fusionou coa súa Fábrica de Gas y Electricidad, dando lugar a Fenosa e obtendo así o monopolio do mercado eléctrico en Galicia.

Foi fusilado no Campo da Rata o 2 de decembro de 1936.

Vida persoal Casou en 1927 con María del Pilar Vilas Durán, filla de Ramón Vilas González.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Corcubión Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Republicanismo en España