O río Umia nace na parroquia de Aciveiro (Forcarei), e percorre os concellos da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Vilanova de Arousa, Ribadumia e Cambados creando unha bacía de 404 km². Finalmente, desemboca na ría de Arousa na Ponte da Barca (Cambados). Estímase unha lonxitude total de 70 km e un caudal medio de 16,3 m3.

Características O río nace ao xuntárense os regatos de Raigosa (700 m), Filloi (720 m), Alende (620 m) e Grela. Circula por unha chaira a 500 m de altitude até A Goleta, a partir de onde baixa encaixado até Ponte Taboada. Alí xúntaselle o río Gallo e segue por outra chaira situada a 200 m. En Cesar, Caldas de Reis, cae en fervenza. En Caldas de Reis entra na Depresión Meridiana, até desembocar na ría, entre os concellos de Cambados e Ribadumia creando unhas marismas en que se poden ver, ao longo das estacións, unha gran diversidade de aves migratorias.

O río Umia ten unha grande importancia cultural, xurdindo na súa contorna diversos contos ou lendas coma a da "ponte dos padriños", en Ponte Arnelas (en Leiro, Ribadumia), no que se practicaba o rito do bautismo anticipado.

Etimoloxía Umia < *u̯h1-m-i̯a, viría da raíz hidronímica prelatina indoeuropea *u̯h1-m (auga)̯̯ cfr. lat. ūmeō <*u̯h1-m-o, de recoñecida presenza na hidronimia galega (Río Uma, Río Mao, Acea de Ama etc).

Galería de imaxes ''Vexa o artigo principal en Galería de imaxes do río Umia

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bautismo anticipado.

Ligazóns externas Obradoiro para o estudo das especies piscícolas do Río Umia levada a cabo por un grupo de docentes

Umia, Río Umia Categoría:Ría de Arousa