Ecos del Arenteiro foi un semanario editado no Carballiño entre 1915 e 1920.
Historia e características Subtitulado Primer periódico de Carballino, apareceu a principios de xaneiro de 1915.El Eco de Santiago, 5-1-1915, p. 2. Dirixido por José María Beltrán Carbajal, editábase na imprenta Noticiero del Avia de Ribadavia. Era un órgano conservador (bugallalista) e fixo campaña polo deputado do distrito Leopoldo García Durán. Suspendeu a súa publicación por reformas en abril de 1918, para reanudala pouco despois.Centro Gallego, 31-5-1918, p. 2. Algúns autores fixan a súa desaparición en 1920.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita do Carballiño Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:1915 en Galicia