Billy Talent (antigamente coñecida como Pezz) é unha banda canadense de rock alternativo formada en 1993 en Streetsville, Ontario. Está composta por Ben Kowalewicz (voces), Ian D'Sa (guitarra e voces), Jon Gallant (baixo e coros) e Aaron Solowoniuk (batería e percusión).

A banda tardou ao redor de dez anos en chegar ao gran público. Os seus membros coñecéronse e comezaron a tocar no instituto co nome Pezz e mantívose na escena underground de Toronto ata o 2001. O grupo cambiou o nome despois de ter problemas legais co antigo, e foi cando a conexión de Kowalewicz cun empregado do depertamento A&R de Warner Music Canada os lanzou ao estrelato.

Discografía Watoosh! - 1999 (autoeditado) Como Pezz Billy Talent - 2003 (Atlantic Records) Billy Talent II - 2006 (Atlantic/Warner Music Canada) Billy Talent III - 2009 (Atlantic/Roadrunner) Dead Silence - 2012 (Warner Bros. Records/Roadrunner)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de Ontario Categoría:Grupos musicais formados en 1993