Alejandro Otero Fernández, nado en Redondela o 14 de decembro de 1888 e finado en México o 26 de xuño de 1953, foi un médico e político socialista galego.
Traxectoria Fillo de Juan Manuel Otero Milleiro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde foi alumno de Manuel Varela Radío, licenciándose en 1911. Exerceu en Granada ata que en 1914 foi nomeado catedrático de xinecoloxía da Universidade de Granada, da que foi elixido reitor en 1932. Foi elixido concelleiro do concello de Granada en 1931, aproveitando o cargo para impulsar o Hospital Clínico de Granada. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi encarcerado uns meses durante a folga xeral revolucionaria de 1934. Durante a Guerra civil española foi subsecretario de armamento e ao rematar conselleiro do SER. Exiliouse en México, onde chegou vía Nova York en marzo de 1940. En México continuou traballando como médico, dirixiu unha rede de asistencia médica para os exiliados españois e as persoas máis desfavorecidas, creada con fondos da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Colaborou co goberno da República Española no exilio.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gurriarán, R, (2006). Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940). Do influxo institucionista e a JAE á depuración do profesorado. USC.
Outros artigos Exilio galego de 1936 Ligazóns externas
Valverde, Fernando (17/11/2006). "Un libro relata la vida del médico republicano Alejandro Otero" El País . Ficha en Todos los Nombres .
Categoría:Médicos de Redondela Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Redondela Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1953 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Catedráticos da Universidade de Granada Categoría:Reitores de universidades de España Categoría:Concelleiros de España Categoría:Políticos do PSOE