Fernando Villamarín Rodríguez, nado en Nande (Mañufe, Gondomar) en 1880 e finado en Vigo o 16 de xaneiro de 1957, foi un avogado e político galego. Deputado do Congreso, foi tamén o fundador e primeiro decano do Colexio de Avogados de Vigo en 1932.

Traxectoria Cursou o bacharelato no Colexio San Agustín de Vigo en 1895. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en Vigo, foi xuíz municipal de Gondomar (1909).La Correspondencia Gallega, 8-11-1909, p. 2. Foi proclamado deputado provincial polo distrito de Vigo-Tui en 1917. En 1932 foi un dos fundadores e primeiro presidente da Asociación Profesional e despois Colexio Oficial de Avogados de Vigo. Foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo Partido Republicano Conservador nas eleccións xerais de 1933. Finou en Vigo o 16 de xaneiro de 1957.Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 17-1-1957, p. 9.

Vida persoal

miniatura|125px|Fernando Villamarín, Vida Gallega, 1934.

Casou en Vigo con Sara Bobillo Soutelo, filla de Juan Bobillo Gándara, en 1912,El Diario de Pontevedra, 11-11-1912, p. 2. e foi pai de Modesto, Fernando, María del Pilar, María de la Concepción e María de la Asunción Villamarín Bobillo.

Tiña o seu despacho en Vigo, na rúa Doutor Cadaval, que actualmente dirixe o seu bisneto Pepe Molina Bandín, con nome Bufete Molina.Bufete Molina Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Os avogados vigueses están colexiados desde hai 75 anos en La Voz de Galicia

Categoría:Avogados de Galicia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Nados en 1880

Categoría:Finados en 1957