Antonio Taboada Tundidor, nado en Ourense o 15 de novembro de 1888 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1959, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Taboada González e irmán de Carlos Taboada Tundidor. Licenciado en Dereito. Foi xuíz de primeira instacia do Carballiño, Quiroga (1914-1920),El Norte de Galicia, 20-10-1914, p. 3. e Céuta. Militou no Partido Conservador, co que foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1920 e 1923. Na ditadura de Primo de Rivera reingresou na carreia xudicial e foi nomeado xuíz de primeira instancia de Motilla del Palancar en 1924.Galicia, 19-1-1924, p. 2. Despois foi fiscal da Audiencia de Palencia en 1927,La Región, 27-2-1927, p. 4. e da de Bilbao en 1928.La Región, 19-1-1928, p. 5. Coa caída da ditadura foi nomeado Subsecretatario do Ministerio de Xustiza e Culto en febreiro de 1930,El Regional, 8-2-1930, p. 3. e actuou como Ministro de Graza e Xustiza interino do 22 de setembro ao 6 de outubro de 1930. Foi director xeral de Obras Públicas a finais de 1930. Unha vez proclamada a República, foi conselleiro do Banco de Crédito Local (1931-1932) e deputado pola provincia de Ourense polo Partido Agrario Español nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Foi secretario do Congreso en 1934 e fiscal do Tribunal Supremo do 23 de decembro de 1935 ao 2 de xaneiro de 1936.
Notas
Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1959