Carlos Taboada Tundidor, nado en Ourense o 8 de agosto de 1880 e finado na mesma cidade o 26 de abril de 1935, foi un avogado, militar e político galego.
Traxectoria Fillo de Juan Taboada González, e irmán de Antonio Taboada Tundidor. Estudou Dereito e ingresou na administración militar, da que se retirou como tenente coronel. Católico profeso e afín ao Partido Conservador da facción bugallalista, padeceu o rexeitamento dos monárquicos tralo fin da ditadura de Primo de Rivera. Coa chegada da Segunda República, fundou Acción Popular Agraria na provincia ourensá co apoio de Gil Robles e foi elixido deputado da CEDA pola provincia de Ourense nas Eleccións xerais de 1933, axudándose das antigas redes caciquís do político conservador verinés Luis Espada Guntín. Finou en Ourense o 26 de abril de 1935.La Región, 27-4-1935, p. 1, 6.
Obras La Castilla vinícola..., 1902. El ejército y la producción nacional, 1910. Organización de los servicios de Intendencia en el Ejército francés al inicio de la guerra con Prusia, 1910. El reclutamiento en Japón, 1911. Testamento militar, 1912. El lago de San Martín de Castañeda, 1913. Las denuncias y querellas delictivas. Apuntes acerca de la mentira como delito, 1930. La igualdad de derechos para los sexos, 1933.
Vida persoal En 1910 casou no Pinto (Esgos) con María Isabel Álvarez Moreiras, falecida por mor da gripe de 1918.Diario de Pontevedra, 13-12-1918, p. 3. Casou en segundas nupcias con Carmen Galán Salgado en 1921,La Región, 11-5-1921, p. 2. e foi pai de María Isabel e Amalia Taboada Galán, casada esta última con Elías Palao Martialay.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lozano González, Carlos (2017) "A Segunda República en Ourense (I). A dereita política non republicana", Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 72). ISSN 2659-3491 Lozano González, Carlos e Sánchez Ferro, Pablo (2018) "A Segunda República en Ourense (II). Carlos Taboada Tundidor e a CEDA", Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 75). ISSN 2659-3491 Lozano González, Carlos (2018) "A Segunda República en Ourense (III). Gil Robles e Acción Femenina Gallega", Fronda: Voandeira do Arquivo Histórico Provincial de Ourense. (No. 76). ISSN 2659-3491 Lozano González, Carlos (2025) Do conservadorismo ao catolicismo de masas: Carlos Taboada Tundidor e a CEDA en Ourense (1931-1936). Ourense: Deputación Provincial de Ourense. ISBN: 978-84-16643-75-1.
Ligazóns externas Biografía en galegos.info O seu arquivo persoal está depositado no Arquivo Histórico Provincial de Ourense
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1935 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público