Fernando Ramos Cerviño, nado en Ourense o 24 de febreiro de 1884 e finado na mesma cidade a finais de febreiro de 1973,El Pueblo Gallego, 27-2-1973, p. 16. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Militante do Partido Liberal do sector romanonista, co que foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1919. Durante a Segunda República militou no Partido Republicano Radical, co que foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións xerais de 1933, pero en 1935 abandonou o partido xunto a Basilio Álvarez. Nas eleccións xerais de 1936 presentouse polo Partido de Centro e foi elixido, aínda que a súa acta foi anulada, causando baixa o 2 de abril de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sufriu represión económica. Despois da guerra civil foi decano do Colexio de Avogados de Ourense dende 1951.
Vida persoal
Casou con Amparo Gutiérrez Hernández en 1917.El Diario de Pontevedra, 20-9-1917, p. 2.
Notas
Categoría:Avogados de Ourense Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1973