Alphonse Daudet, nado en Nîmes o 13 de maio de 1840 e finado en París o 16 de decembro de 1897, foi un escritor francés.

Traxectoria Alphonse Daudet naceu no seo dunha familia burguesa da Provenza. O seu pai posuía unha fábrica de bufandas mais ao quebrar o negocio en 1848 a familia trasladouse a Lión. En 1856 Daudet tivo que interromper os seus estudos e comezou a traballar como mestre en Alès durante uns meses, ata que o 1 de novembro de 1857 marchou a vivir co seu irmán Ernest a París.

Daudet comezou a escribir poemas, que recolleu en Les Amoureuses (1858), obra que lle deu unha certa celebridade. Conseguiu un emprego en Le Figaro, e entre 1860 e 1865 traballou como secretario do duque de Morny, ministro de Napoleón III. Trala súa morte Alphonse conságrase case por enteiro a escribir e o ano seguinte publica no xornal l'Evénement, logo dunha viaxe pola súa Provenza natal, Cartas desde o meu muíño co título de Crónicas provinciais, no que retrata en forma de contos as tradicións, a paisaxe e os costumes provenzais e que gozaron de gran popularidade antes da súa aparición en libro en 1869. En 1868 edita Le petit chose, novela autobiográfica na que evoca a súa experiencia como mestre. A novela non tivo éxito, pero si o conseguiu en 1872 con Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon.

Durante a guerra franco-prusiana Daudet alistouse no exército e participou na defensa de París (1870), asediada polas tropas prusianas, e a súa experiencia bélica quedou reflectida en varios relatos seus.

Daudet foi un escritor próximo ao naturalismo, cun estilo cheo de luz e cor e cun lene humor lírico, evitando sempre o pesimismo. Dende 1884 sufriu unha enfermidade incurable, con dores noite e día, que soportou con estoicismo ata a súa morte.

Obras Les Amoureuses (1858), Cartas desde o meu muíño (Lettres de mon moulin 1870), Xerais, 1983. Tradución de Víctor F. FreixanesReferencia na Rede de Bibliotecas de Galicia Le petit Chose (1868), Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon (1872) L'Arlésienne (1872) Fromont jeune et Risler aîné (1874) Contos do luns (Contes du Lundi) (1875), BIVIR, 2014. Tradución e escolma de Xavier SenínPDF da obra en galego.. Jack (1876) Le Nabab (1877) Les Rois en exil (1879) Numa Roumestan (1881) Sapho (1884) Tartarin sur les Alpes (1885 La Belle Nivernaise (1886) Trente ans de Paris (1887) Souvenirs d'un homme de lettres (1888) L'Immortel (1888) Port-Tarascon (1890)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados no departamento de Gard Categoría:Nados en 1840 Categoría:Finados en 1897 Categoría:Finados por sífilis Categoría:Dramaturgos de Francia Categoría:Dramaturgos en lingua francesa Categoría:Novelistas de Francia