Manuel García Becerra, nado en Verín en 1905 e finado en México, foi un avogado e político galego con ideoloxía de esquerdas.

Traxectoria Fillo de Lino García Vázquez. Estudou Dereito e na Escola de Enxeñeiros de Madrid. Colaborou en El Pueblo Gallego. Militante do Partido Republicano Radical Socialista, foi elixido deputado pola provincia de Ourense integrado na coalición coa FRG nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931. Foi subsecretario de Obras Públicas en 1933. Formou parte do sector progresista que abandonou o Partido Radical-Socialista para fundar o Partido Republicano Radical Socialista Independiente e despois integrouse en Izquierda Republicana, da que foi elixido vicesecretario da súa comisión executiva en abril de 1934.La Libertad, 19-4-1934, p. 2. Participou no acto de desagravio a Castelao en Madrid a súa volta de Extremadura. Presentouse por Izquierda Republicana ás eleccións xerais de 1936, pero non resultou elixido. Foi secretario do Ministro de Instrución Pública dende marzo de 1936,El Pueblo Gallego, 25-04-1936, p. 10. e delegado do Goberno na Telefónica en xullo de 1936.La Voz de Galicia, 15-7-1936, p. 8.

Coa derrota da República pasou a Francia e foi internado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer do que logrou fuxir.Carta de Manuel García Becerra a José Giral en solicitud de ayuda tras su huida del campo de concentración de Argèles Abríronlle expediente de responsabilidades políticas e foi condenado a unha sanción de 50 000 pesetas en setembro de 1939.BOP Ourense, 9-9-1939, p. 1. Foi representante de Izquierda Republicana no SERE, e exiliouse en Cuba, onde colaborou no xornal Luz. Dende 1942 estivo exiliado en México. En 1949 participou no Congreso Mundial de Partidarios da Paz celebrado en París, xunto a Bibiano Fernández Osorio-Tafall, Mariano Ruiz-Funes García e José Giral.Jordi Guixé i Corominas L'Europa de Franco: l'esquerra antifranquista i la "caça de bruixes" a l'inici de la guerra freda : França 1943-1951 Publicacions de l'Abadia de Montserrat, 2002, ISBN 84-8415-395-9, 788484153955 pàg. 122

Obras Diccionario escolar americano, México, 1963.

Recoñecementos O concello de Verín, a proposta da minoría socialista, aprobou en marzo de 1936 designar co seu nome a antiga rúa da Cruz.El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 14.

Vida persoal Casou en Madrid con Filomena Muñoz Nicart en 1932,Hoja Oficial del Lunes, 11-4-1932, p. 3. e foi pai de Manuel García Muñoz.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Biografía en Cátedra del Exilio Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México Expediente de responsabilidades políticas de Manuel García Becerra.

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Verín Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en ano descoñecido