miniatura|300px|Museo da Sociedade Galega de Historia Natural, en Canido, Ferrol

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) é unha asociación científica e cultural galega adicada ao estudo, divulgación, conservación e defensa do medio natural. A SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e delegacións en varias localidades galegas. Constituíuse en 1976 grazas ao movemento de persoas ligadas ao Grupo Ornitolóxico Galego que se fundara en 1973. Conta cun museo en Ferrol, actualmente nun edificio militar cedido ao concello, que ten exposicións de interese biolóxico e xeolóxico.

Actividades A SGHN ten a súa sede en Santiago de Compostela e delegacións en Sada, Ferrol, Ourense e Pontevedra. Conta coas seccións:

Astronomía e contaminación luminosa (con sede en Ferrol) Botánica Entomoloxía (sede en Vilagarcía de Arousa) Herpetoloxía (sede en Vilagarcía de Arousa) Mamíferos mariños (sede en Ferrol) Museo de Historia Natural (sede en Ferrol) Ornitoloxía (sede en Santiago de Compostela)

Publicacións As publicacións da SGHN inclúen revistas, atlas e censos de aves (tamén en liña) , routeiros e monografías co fin de divulgar a súa actividade, presentar diversas investigacións e fomentar o coñecemento do medio natural galego. A totalidade do importe recadado pola venda das publicacións e calquera material propio da SGHN destínase ós fins estatuarios da SGHN: estudar, divulgar e protexer o medio natural.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web da SGHN

Categoría:Asociacións ecoloxistas de Galicia Categoría:Sociedades científicas