As Anzas é un lugar da parroquia de Cubelas no concello de Ribadeo. Esta documentado como 'Asanza'.

As Anzas ten unha capela, a Capela dos Remedios, próxima ó río Grande.

Topónimo O actual Río Grande que percorre este lugar e que lle dá o seu nome aparece xa testemuñado no ano 779 como Ribulum Alesantia. Alesancia, que perde o -l- intervocálico dando orixe a un hiato que fai desaparecer o -e- por redución, convértese así en Asancia. A sílaba As-, ó ser interpretada polo pobo como un artigo, pluralizouse engadíndolle un -s final, co que se converteu en As Anzas.

Notas

Lugares e parroquias Lugares de Cubelas

Parroquias de Ribadeo

Véxase tamén Bibliografía Información tirada dun artigo de J.Mª Rodríguez.

Galería

Categoría:Lugares de Ribadeo