Remourelle é unha entidade colectiva de poboación da parroquia de Arante no concello lugués de Ribadeo, na comarca da Mariña Oriental. Segundo o IGE, en 2022 tiña 63 habitantes (25 homes e 38 mulleres).

Toponimia O topónimo Remourelle ten a súa orixe na forma , a partir do substantivo río (do latín ) co xenitivo do antropónimo . Aparece documentado en dúas atestacións medievais do Tombo de Lourenzá como Riu Maurelli e Rio Maurilii.

Xeografía A aldea de Remourelle engloba sete entidades singulares de poboación:

Os Dioses Os Fornos A Madanela As Pereiriñas Portobragán de Abaixo Portobragán de Arriba Rego de Mel

Está limitada polo concello de Barreiros (ao norte polo monte Penalonga e ao oeste pola Insua, na parroquia de Cabarcos), pola aldea de Noceda, na parroquia da Devesa (ao leste), e pola estrada LU-133 Reme-Vilamar (ao sur). Á súa beira meridional tamén corre o rego de Lexoso, que máis adiante dá lugar ao río Grande.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Arante

Parroquias de Ribadeo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo

Categoría:Lugares de Ribadeo