Santiago de Couxela é unha parroquia do concello de Ribadeo. Segundo o IGE en 2022 tiña 88 habitantes, en 2011 tiña 132 (69 homes e 63 mulleres, agrupados en 11 entidades de poboación e 2 lugares), e en 1999 tiña 165 habitantes.
Xeografía Limita ao leste coa Veiga (Asturias), da cal está separada polo río Eo; ao sur con Valboa (concello de Trabada), separada polo regato da Ferreira; ao norte con Santalla de Vilausende; e ao oeste con Cedofeita. Pertence ao arciprestado de Ribadeo. Ten unha altitude media de 230 m.
Toponimia Posiblemente a súa orixe estea en Covus (cóncavo), forma latina arcaica. Á súa variante Covius foille engadido o sufixo -ellus, dando Coviella, que estaría relacionado coa valgada que forma no terreo.Calendario toponímico 2019 do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, accesible en http://www.edu.xunta.gal/centros/iesribadeo/?q=system/files/calendario%20toponimico%20ies%20dionisio.pdf A sílaba -vi- evoluciona ao -x- galego, como foveum -> foxo, dando Coxela. Pero o -v- de Covius representa un son palatal parasitario, parecido ao w inglés, que leva ao actual -u-, breve e átono, dando Couxela, co -ll- xeminado transformado en -l-.
Aparece documentado como Coegela e Coiegela.
Festas Na actualidade só se celebra a Festa da Virxe das Dores, o cuarto domingo de setembro. Tempos atrás celebrábanse tamén as festas de San Brais (3 de febreiro), Santo Antón (13 de xuño) e Santiago (25 de xullo).
Lugares e parroquias Lugares de Couxela
Parroquias de Ribadeo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Ribadeo
Categoría:Parroquias de Ribadeo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de Santiago o Maior Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía