O 1 de abril é o 91º día do ano do calendario gregoriano e o 92º nos anos bisestos. Quedan 274 días para finalizar o ano. É o Día dos enganos ou Día das Bromas; di o refrán "O un de abril van os burros onde non deben ir".

Acontecementos 1188 - Colócanse os linteis do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela 1846 - Iníciase en Lugo a Revolución Progresista Galega co pronunciamento de Solís. 1939 - España: Coa rendición de Madrid, remata a guerra civil española e comeza a ditadura franquista. 1948 - Bloqueo terrestre de Berlín Occidental por tropas da Alemaña Oriental.

Nacementos miniatura|100px|dereita|Edmond Rostand. 1815 - Otto von Bismarck, político alemán. 1860 - Joaquín Arias Sanjurjo, avogado, xornalista e escritor galego. 1864 - Aurelio Ribalta, escritor e xornalista galego. 1868 - Edmond Rostand, dramaturgo neoromántico francés. 1873 - Serguéi Rakhmáninov, compositor, pianista e director de orquestra ruso. 1878 - Sarah Lorenzana, mestra e escritora galega (m. 1954). 1898 - William James Sidis, matemático estadounidense (m. 1944). 1901 - Francisco Ascaso, militante anarcosindicalista aragonés da CNT. 1918 - Manuel de Pedrolo, escritor catalán (m. 1990). 1922 - Alan Perlis, catedrático estadounidense de ciencias da computación (m. 1990). 1927 - Leonid Bashmakov, compositor e director de música finés. 1929 - Milan Kundera, escritor checo. 1937 - Yılmaz Güney, director de cine, guionista e escritor (m. 1984). 1940 - Wangari Maathai, Premio Nobel da Paz en 2004. 1947 - Ceferino Díaz, político galego. 1948 - Javier Irureta, é un exfutbolista e adestrador vasco. 1949 - Gil Scott-Heron, poeta e músico estadounidense. 1970 - Dario Rigo, xogador de hóckey a patíns italiano. 1974 - Paolo Bettini, ciclista italiano. 1976 - Gábor Király, futbolista húngaro. 1976 - Emma Ríos, debuxante galega de banda deseñada. 1978 - Etan Thomas, xogador de baloncesto estadounidense. 1982 - Juan Rodríguez, futbolista malagueño. 1982 - Sam Huntington, actor estadounidense. 1983 - Matt Lanter, actor estadounidense. 1988 - Brook Lopez, xogador de baloncesto estadounidense. 1988 - Robin Lopez, xogador de baloncesto estadounidense.

Mortes miniatura|100px|dereita|Aliénor de Aquitania. 1204 - Aliénor de Aquitania, duquesa de Aquitania. 1861 - Manuel Ángel Couto, xuíz e xornalista galego (n. 1807). 1867 - Domingo Díaz de Robles, militar e escritor galego. 1876 - Philipp Mainländer, filósofo e poeta alemán. 1910 - Andreas Achenbach, pintor alemán (n. 1815). 1976 - Max Ernst, artista plástico alemán. 1984 - Marvin Gaye, cantor estadounidense. 2001 - Marino Dónega, escritor e político galego. 2005 - Xulio Francisco Ogando, escritor e académico galego. 2014 - Jacques Le Goff, historiador medievalista francés (n. 1924). 2017 - José Luis Sucasas, escritor e político galego (n. 1959). 2017 - Salvador Pániker, enxeñeiro, filósofo e escritor español (n. 1927). 2019 - Rafael Sánchez Ferlosio, escritor español (n. 1927). 2025 - Val Kilmer, actor estadounidense (n. 1959).

Festas e celebracións Día das Artes Galegas (celébrase desde o ano 2015) Día Internacional da Diversión no Traballo Día internacional das Bromas (April Fool's Day)."A importancia de contrastar a información", en La Voz de Galicia 2.04.2025.

Outros Santoral: Santos Celso, Hugo e Venancio.

Os 366 días do ano

Notas

01