O 1 de decembro é o 335º día do ano do calendario gregoriano e o 336º nos anos bisestos. Quedan 30 días para finalizar o ano.

Acontecementos 1640 - Xoán IV é coroado Rei de Portugal, provocando unha guerra con España 1822 - Pedro IV de Portugal é coroado primeiro Emperador do Brasil 1834 - Domingo Fontán entrega a Carta Xeométrica de Galicia, primeiro mapa topográfico feito con métodos científicos e medicións matemáticas do Estado. 1874 - en España, o futuro rei Afonso XII asina o Manifesto de Sandhurst, redactado por Antonio Cánovas del Castillo. 1918 - Transilvania intégrase en Romanía 1919 - Lady Astor convértese na primeira muller en tomar posesión como deputada no Parlamento Británico 1936 - Executados no cemiterio de Boisaca os republicanos de Padrón Francisco Castaño Otero, Andrés Rey Baltar, Jaime Caamaño Comparada, Antoliano Correa Jamardo e José Millares Gil 1955 - Rosa Parks, ó negarse a ceder o seu asento nun autobús deu pé ó comezo da protesta contra a segregación racial (apartheid) nos Estados Unidos 1977 - Derrógase en España a censura previa cinematográfica.

1978 - Publícase o primeiro número do Diario Oficial de Galicia. 1989 - O Parlamento da República Democrática Alemá derroga o artigo da constitución que lle garante ó Partido Comunista o liderado do país 1990 - As dúas bocas do túnel baixo o Canal da Mancha quedan unidas ó atoparse os obreiros dunha e doutra sección. Francia e Inglaterra quedan unidas por terra. 2002 - Unha manifestación en Compostela, convocada polo movemento Nunca Máis, reúne a máis de 200 000 persoas para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige.

Nacementos miniatura|100px|Nikolai Lobachevski. 1083 - Ana Comnena, princesa e historiadora bizantina. 1716 - Étienne-Maurice Falconet, escultor francés. 1743 - Martin Heinrich Klaproth, químico alemán. 1792 - Nikolai Lobachevski, matemático ruso. 1896 - Gueorgui Zhukov, xeneral soviético (m. 1974). 1904 - Telesforo Monzón, político vasco. 1923 - Morris, historietista belga, creador de Lucky Luke. 1925 - Martin Rodbell, biólogo estadounidense, premio Nobel de Medicina en 1994. 1935 - Woody Allen, director, guionista e actor de cine estadounidense. 1944 - Tahar Ben Jelloun, escritor marroquí en francés. 1944 - Daniel Pennac, escritor francés. 1945 - Bette Midler, actriz estadounidense. 1953 - Corina Porro, política galega.

Mortes miniatura|150px|Eduardo Blanco Amor. 1131 - Henrique I, rei de Inglaterra de 1100 a 1131. 1521 - Papa León X (1513 a 1521). 1825 - Alexandre I, Tsar de Rusia. 1830 - Papa Pío VIII. 1830 - George Everest, xeógrafo e topógrafo galés (n. 1790). 1934 - Sergey Kirov, líder bolxevique ruso. 1936 - Andrés Rey Baltar, político galego (n. 1887). 1936 - Francisco Castaño Otero, sindicalista e político galego (n. 1906). 1947 - Godfrey Harold Hardy, matemático inglés. 1973 - David Ben-Gurion, político israelí. 1979 - Eduardo Blanco Amor, escritor e xornalista galego (n. 1897). 1997 - Stéphane Grappelli, violinista de jazz francés (n. 1908). 2013 - Alfonso Armada Comyn, militar español (n. 1920).

Festas e celebracións Día da Unidade en Romanía (1918) Día Mundial da Loita contra a SIDA.

Outros

Os 366 días do ano

Notas

01