O 14 de marzo é o 73º día do ano do calendario gregoriano e o 74º nos anos bisestos. Quedan 292 días para rematar o ano.
Acontecementos 1915 - Chile. A mariña de guerra británica afunde o acoirazado alemán Dresden fronte a costa chilena no marco da primeira guerra mundial. 1993 - Andorra. Apróbase a Constitución Andorrana en referendo popular. 2004 - Teñen lugar as Eleccións xerais ao Congreso dos Deputados e ao Senado en España. O PSOE gaña as eleccións tres días despois dos ataques terroristas do 11-M en Madrid. 2004 - Vladimir Putin reelixido presidente de Rusia
Nacementos miniatura|100px|Albert Einstein. 1681 - Georg Philipp Telemann, compositor alemán. 1820 - Vítor Manuel II, primeiro rei de Italia (m. 1878). 1835 - Giovanni Schiaparelli, astrónomo italiano. 1852 - Galo Salinas, escritor galego (m. 1926). 1854 - Paul Ehrlich, bacteriólogo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina. 1872 - Francisco Romero Molezún, médico galego (m. 1938). 1879 - Albert Einstein, físico Premio Nobel de Física. 1908 - Victor Luis Molinari, escritor e xornalista arxentino (m. 1980). 1908 - Maurice Merleau-Ponty, filósofo francés. 1928 - Félix Rodríguez de la Fuente, etólogo e naturalista español (m. 1980). 1933 - Michael Caine, actor británico. 1939 - Pilar Bardem, actriz española. 1956 - Antón López Rivas, ilusionista galego.
1957 - Marina Castaño, xornalista, escritora e xestora cultural galega.
1958 - Alberte II de Mónaco, príncipe.
Mortes miniatura|100px|Karl Marx. 1883 - Karl Marx, filósofo e economista alemán. 1912 - Juan Fernández Latorre, empresario e político galego (n. 1849). 1915 - Walter Crane, ilustrador e pintor inglés (n. 1845). 1922 - Cleto Troncoso Pequeño, avogado e político galego (n. 1849). 1932 - George Eastman, inventor norteamericano. 1938 - Félix Estrada Catoyra, médico e escritor galego. 1939 - Manuel Barreiro Rey, militar galego (n. 1913).
1961 - Ángel del Castillo López, historiador e arqueólogo galego (n. 1886). 1968 - Erwin Panofsky, historiador da arte alemán (n. 1892). 1971 - Pedro Barrié de la Maza, empresario galego. 1973 - Francisco Iglesias Brage, piloto de aviación galego. 1973 - Howard H. Aiken, enxeñeiro estadounidense. 1975 - Susan Hayward, actriz estadounidense (n. 1917). 1980 - Félix Rodríguez de la Fuente, etólogo e naturalista español (n. 1928). 1997 - Fred Zinnemann, director de cine austríaco. 2017 - Joaquina Dorado Pita, anarquista galega (n. 1917). 2018 - Stephen Hawking (n. 1942).
Festas e celebracións Día Internacional de Acción polos Ríos Día das Matemáticas ou do Número Pi (pola súa notación inglesa 3/14).
Outros
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Marzo