Conan o destrutor (en ) é un filme de xénero fantástico dirixido por Richard Fleischer e protagonizado por Arnold Schwarzenegger que se estreou en 1984. É a continuación do filme Conan o bárbaro. Estreouse en galego na TVG o 10 de maio de 2008.

Sinopse A poderosa Raíña Taramis promete a Conan facer volver á súa amada do reino da morte, pero imponlle unha condición: debe traerlle un lendario corno incrustado de pedras preciosas e unha fermosa princesa. Pero Conan non sabe cales son as verdadeiras intencións de Taramis. A raíña quere empregar o corno para espertar ó dormente deus Dagoth e sacrificarlle á xove princesa. Enfrontado con inimigos mortais e sobrenaturais, Conan debe convocar ás forzas do Ben para derrotar a Taramis e mesmo ó deus Dagoth.

Personaxes Actor Papel Descrición Armas Arnold Schwarzenegger Conan Un guerreiro que chora a morte da súa amada Valeria do primeiro filme e ó que se lle promete a resurrección desta a cambio de conseguir dous obxectos máxicos. Espada Atlantean, machada de batalla e dagas. Grace Jones Zula Unha asaltante que é rescatada por Conan e que se une ó seu grupo. Acabará substituíndo a Bombatta como capitán da garda. Lanza. Wilt Chamberlain Bombatta Capitán da garda de Shadizar, é enviado pola raíña para comprobar a evolución da misión de Conan e máis tarde traizoarao. Morre a mans de Conan cando este interfire na resurrección de Dagoth. Maza, machada, espada e bolas. Olivia D'Abo Jehnna É unha virxinal princesa cuxo destino é obter o corno máxico que resucitará ó deus Dagoth. Debido a unha profecía é a única persoa capaz de conseguir o corno. Non leva. Mako Iwamatsu Akiro Un mago amigo de Conan que narraba tanto o filme anterior coma este. Acepta ser o feiticeiro xefe de Shadizar. Maxia. Tracey Walter Malak Un ladrón que acompaña a Conan. Dagas. Pat Roach Toth-Amon O feiticeiro propietario da xema. Maxia. Sarah Douglas Raíña Taramis A malvada raíña de Shadizar que quere resucitar a Dagoth, o deus dormente, do cal ela é unha seguidora. Tamén é a tía de Jehnna. Dagas. Jeff Corey Gran Visir Feiticeiro persoal da raíña. Maxia e dagas. Sven-Ole Thorsen Togra Gardián da raíña que trata de secuestrar a Jehnna antes de morrer a mans de Conan. Espada. André Roussimoff Dagoth, o deus dormente. Malvado deus que traerá a escuridade ó mundo se é resucitado. Corno, superforza e manipulación da luz.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Rotten Tomatoes Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1984 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Fleischer Categoría:Filmes baseados en obras de Robert E. Howard Categoría:Filmes con banda sonora de Basil Poledouris Categoría:Filmes sobre feiticería Categoría:Filmes producidos por Raffaella De Laurentiis Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 1984 con versión en galego