Exodus International foi un dos grupos máis grandes de persoas ex-gais. Fundada en 1976 como unha organización cristiá sen ánimo de lucro que, cos seus ministros locais totalmente autónomos, máis de 120 nos Estados Unidos e o Canadá, e máis de 150 ministros noutros 17 países; daban apoio para o que chamabamn "liberación da homosexualidade", ben sexa coa abstinencia, "diminuíndo os niveis de tentacións homosexuais, fortalecendo os sentidos de identidade masculina e feminina, corrixindo estilos distorsionados de relacionarse con membros do sexo oposto". Defendían, pois, o uso da terapia de reorientación sexual. O grupo tiña publicacións mensuais, organizaba conferencias e posuía servizo por Internet. O seu último presidente de Exodus foi Alan Chambers. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Exodus International American Psychological Association on Reparative Therapy Ex-gay Watch - Collection of posts on Exodus
Categoría:Asociacións
Categoría:Homosexualidade