O BUC, ou Barcelona Universitari Club, é unha entidade deportiva catalá adicada ó rugby que foi fundada a finais do ano 1928 e que veu de competir na División de Honra B na tempada 2010-11, co resultado do descenso de categoría a Primeira Nacional. O BUC disputou 10 tempadas na División de Honra, a última en 2006.
Historia Co nome de Rugby Club Universitary, o equipo xogou o seu primeiro encontro o 16 de decembro de 1928 fronte ó FC Barcelona perdendo por 8 a 0. En 1929 o club participou por vez primeira no campionato de Cataluña de rugby, e coa chegada de varios xogadores doutro club da cidade, trocouse o nome deste polo actual Barcelona Universitari Club, converténdose nunha entidade polideportiva na que había seccións de hípica, tenis e atletismo ademais da de rugby.
Trala Guerra Civil, o equipo pasou polas mans das xuventudes falanxistas durante algún tempo, pero pouco a pouco os fundadores do club se fixeron de novo con el. Nesa época o BUC adoptou a cor negra no seu traxe, cambiou o seu nome por Barcelona Union Club, e desfixo tódalas seccións agás o rugby.
Foi trala transición cando chegaron os mellores resultados deportivos do club. O equipo ascendeu á máxima categoría do rugby nacional, e competiu na División de Honra por vez primeira na tempada 1978-79, repetindo na tempada 1980-81. A finais dos 80 foi a época de maior presenza do equipo no máximo nivel. Participou na liga nas tempadas 1987-88, 1988-89, 1989-90, 1992-93, 1993-94, 1994-95 e 1995-96.
A última participación do BUC na División de Honra produciuse na tempada 2005-06, acadando a 3ª posición na clasificación final da Liga Española, coa axuda institucional que dende o ano 2002 estaba a recibir por parte do club francés USAP Perpignan, empregando así pois o nome USAP Barcelona. Ó ano seguinte o BUC cedeulle a súa praza deportiva dentro da División de Honra ó FC Barcelona.
Na tempada 2010-11 o BUC rematou a tempada 7º na clasificación final do Grupo 1 da División de Honra B, polo que tivo que defender a súa praza na categoría fronte a un equipo da Primeira Nacional, o Independiente RC de Santander. O resultado final foi a prol do equipo cántabro, de xeito que a tempada rematou co descenso do BUC a Primeira Nacional, o terceiro nivel do rugby español.
Palmarés Posicións do Barcelona Universitari Club nas competicións nacionais Categoría2012111009080706050403020100999897969594939291908988878685848382818079787776757473727170Div.Honra 3 10879 11106 x x Div.HonraB 734 274 1ªNacional 2 132443 22 131531 4 3 8 Copa 2 A División de Honra comezou a disputarse en 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
Tempada actual
Véxase tamén Outros artigos División de Honra División de Honra B Ligazóns externas Páxina oficial do BUC
Categoría:Equipos de rugby de Cataluña Categoría:Deporte en Barcelona