O Club Patín Roller Oviedo ou máis coñecido como FM Roller Oviedo é un equipo de hóckey a patíns da cidade de Oviedo, Asturias (España). Actualmente compite na segunda categoría do hóckey a patíns do estado español , a Primeira División Estatal.

Historia O Roller Oviedo foi fundado en 1994 como escisión do Oviedo Hockey Club a causa de graves desavinzas entre varios directivos, socios e xogadores daquel club.

No 2008 ascendeu á Primeira División Estatal ao derrotar por 4-1 á Real Sociedad de Tenis de La Magdalena no partido decisivo pola única praza que outorgaba a fase de ascenso.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha do equipo na web da RFEP

Categoría:Equipos de hóckey a patíns de España Categoría:Deporte en Oviedo