Ponyo no cantil (en ; Gake no ue no Ponyo) é un filme xaponés de animación do estudio de anime Studio Ghibli, dirixido e escrito por Hayao Miyazaki, director de Mononoke Hime, A viaxe de Chihiro e Hauru no Ugoku Shiro.

En agosto de 2025 estreouse dobrado ao galego en catro cinemas: Duplex en Ferrol, NUMAX e Compostela en Santiago e Norte en Vigo.

Sinopse Sosuke é un neno de cinco anos que atopa unha peixiña de cor vermella cando estaba xogando na praia a carón da súa casa. Ese peixe ten atascada a cabeza nun tarro de marmelada e Sosuke axúdaa a liberarse e adóptaa co nome de Ponyo. Porén, o pai de Ponyo é un feiticeiro que vive no máis profundo do océano e obrígaa a volver con el ás profundidades do mar. "Quero ser humana!", exclama Ponyo e, decidida a transformarse nunha nena e regresar con Sosuke, foxe do seu pai. Mais non vai ser doado reunirse con Sosuke.

Personaxes (Voces de dobraxe da versión orixinal xaponesa). Yuria Nara como Ponyo Hiroki Doi como Sosuke Jòji Tokoro como Fujimoto Tomoko Naraoka como Yoshie Kazuko Yoshiyuki como Toki Yuki Amami como Grandmammare Tomoko Yamaguchi como Lisa Akiko Ogawa como Noriko Kazushige Nagashima como Koichi Tokie Hidari como Kayo Emi Hiraoka como Kumiko

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Tomonoura Studio Ghibli

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes de The Kennedy/Marshall Company Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes sobre peixes Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes baseados en obras de Hans Christian Andersen Categoría:Filmes de Studio Ghibli Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego