En estilística, a concatenación é unha figura consistente en repetir continuadamente a anadiplose
En gramática xenerativa, a concatenación é un sinal (+) que indica que nunha regra de reescrita os elementos constituíntes están encadeados uns nos outros nunha orde fixada pola fórmula. Por exemplo, na regra SN → D + S o sinal + indica que o sintagma nominal debe ser convertido polo determinante contatenado ao substantivo, núcleo do sintagma nominal.
Cando nunha regra de reescrita un constituínte facultativo está concatenado a un elemento constituínte obrigatorio, a concatenación dos dous elementos indícase pola simple xustaposición. Por exemplo, a regra Aux → Tpo (Perf) (M) (Perf) indica que os constituintes Tempo, Perfecto, Modo e Perfecto están concatenados, sendo o constituínte Tempo o único obrigatorio.
Categoría:Lingüística