Mar de Copas é un grupo musical de rock peruano creado en Lima, en 1992. Pode ser considerada unha banda de culto, pola cantidade de seguidores que ten logrado desde os seus inicios, sendo unha das bandas de rock peruano máis relevantes e influentes do medio local.

Estivo composto orixinalmente por Luis "Wicho" García (vocalista), José Manuel "Manolo" Barrios (guitarra, voz e coros), Eduardo "Toto" Leverone (batería e percusión), Félix Torrealva (baixo), Phoebe Condos (teclado e coros) e Claudia Salem (coros). Posteriormente ingresaría César Zamalloa como baixista cambiándose con Torrealva. Claudia Salem deixaría a agrupación no 2005 para centrarse nos seus proxectos persoais. Phoebe Condos tamén deixaría a banda durante uns meses, sendo substituída por Rocío Madueño (teclados, coros), pero logo volveu ao grupo.

Sintetizando as influencias da nova onda dos anos sesenta e setenta, o postpunk británico e o pop español dos oitenta, Mar de Copas conseguiu configurar un estilo propio de corte guitarreiro, melódico e romántico, tomando como temas centrais nas súas cancións o amor e o desamor, a soidade... Isto fai que a súa música sexa cualificada tamén como un rock romántico-depresivo.

Discografía Álbums de estudio Mar de Copas - (1993 por ¡Eureka! Records - reedición de 1998 por MDC Producciones ) Entre los árboles - (1994 por El virrey Records - reedición de 1998 por MDC Producciones ) III - (1997) Suna - (1999) Si algo así como el amor está en el aire - (2004)

Álbums ao vivo Mar de Copas en vivo - (2002) De Tierra - (2004) Coleccións 12 grandes Éxitos - (2000) 12 canciones - (2004) EP Ramera - (2002)

Sinxelos Dulce y Veloz - (1993) Fugitivo - (1993) Prisión - (1993) Mujer Noche - (1993) Prendí otro fuego por ella - (1994) Entre los árboles - (1994) Tras esa puerta - (1994) País de tus sueños - (1994) Tu voz - (1997) L.B. - (1997) Al pasar de las horas - (1997) A Dios - (1997) C.P.A.M./A tu lado - (1997) Enloqueciendo - (1999) Suna - (1999) La máquina del tiempo - (1999) Adiós amor - (1999) El rumbo del mar - (1999) Samba - (1999) Ramera - (2002) Balada de un encuentro fugaz - (2004) Si algo así como el amor está en el aire - (2004) Perdido - (2004) Llévame - (2004) Un día sin sexo - (2005)

Bandas sonoras No se lo digas a nadie - (1997) Un día sin sexo - (2005) Cu4tro - (2009)

Videografía DVD DVDData de gravaciónPublicación De Tierra 2 e 3 de outubro de 20042005

Vídeos musicais

Ano Videoclip 1993 "Fugitivo" 1993 "Mujer noche" 1999 "Enloqueciendo" 2000 "Suna" 2000 "El rumbo del mar" 2006 "Un día sin sexo"

Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais formados en 1992 Categoría:Grupos musicais do Perú