A tempada 2006-2007 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 40 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 9 de setembro do 2006, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 20 de maio do 2007, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby El Salvador por quinta vez na súa historia.

O UE Santboiana era o defensor do título logrado na anterior tempada. Os dous novos equipos na categoría foron dous antigos campións, o Club de Rugby Cisneros e o CRC Madrid, antigo Real Canoe, que ocuparon os lugares de Club Alcobendas Rugby e Club de Rugby Ciencias. Ademais diso, o FC Barcelona adquiriu os dereitos deportivos do BUC para competir na División de Honra nas vindeiras tempadas.

Equipos Equipo EstadioCidadeFC BarcelonaEstadio da FoixardaBarcelonaCRC MadridValle de las CañasMadridClub de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby CisnerosEstadio Central UniversitarioMadridGetxo Rugby TaldeaCampo de UrbietaGetxoOrdizia Rugby ElkarteaFernando TrevijanoOrdiziaC.R Liceo FrancésEstadio Central UniversitarioMadridBera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoetaDonostiaValladolid RACCampos de Pepe RojoValladolidUE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

Tempada 2006-2007 da Liga Española de rugbyEquipoPuntosXogadosGañadosEmpatesPerdidosBonus 1 El Salvador 83 18 17 0 1 15 2 CRC Madrid 65 18 14 0 4 9 3 Santboiana 51 18 11 0 7 7 4 VRAC 51 18 11 0 7 7 5 Bera Bera 45 18 10 0 8 5 6 FC Barcelona 40 18 7 0 11 12 7 Ordizia 36 18 8 0 10 4 8 Getxo 33 18 6 0 12 9 9 Liceo Francés 32 18 5 0 13 12 10 Cisneros 9 18 1 0 17 5A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2005/06 — Tempadas — 2007/08 >>>><noinclude>

Datos finais do campionato:

El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 83 puntos en 18 xornadas. Foi o 5º título de liga para o club. Os dous últimos clasificados, Liceo Francés e Cisneros, descenderon de categoría ó remate da tempada. Os equipos Club de Rugby Ciencias e Club Alcobendas Rugby, xustamente os dous que descenderan o ano anterior á División de Honra B, acadaron nesta tempada o ascenso para competir na edición 2007-08 na División de Honra.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2006-07 Copa do Mundo de Rugby 2007

Ligazóns externas http://www.ferugby.com Resumo da tempada en Marca.com

Categoría:Rugby en 2007 Categoría:División de Honra de Rugby