O Oviedo Rugby Club é unha entidade deportiva da cidade de Oviedo que se dedica ó rugby e que actualmente milita na División de Honra B, a segunda categoría do rugby en España. Historia O Oviedo RC foi fundado no ano 1983 como resultado da fusión de dous clubs mais vellos, o CAU Oviedo e o Economicas. Ámbolos dous clubs eran habituais da Primeira División Nacional, que daquela era a segunda división do rugby nacional.
Na tempada 1986-87 o novo equipo ascendeu á Primeira Nacional, e acadou un 4º posto. Cabe salientar que dende ese ano 1987 ata a actualidade o Oviedo RC leva 24 militando sempre nalgunha das 2 categorías máximas do rugby en España. Nas seguintes edicións do torneo o equipo rematou 2º e 1º, polo cal ascendeu á División de Honra, na que debutou na tempada 1990-91. Nesa primeira participación na elite do rugby español, o Oviedo RC rematou 12º e último, co cal descendeu.
Na segunda metade da década dos 90 o Oviedo RC rematou primeiro tres veces no seu grupo da Primeira Nacional, e unha vez 2º, acadando o ascenso na tempada 1997-98. En División de Honra votou 3 anos. O seu mellor resultado foi a 7ª posición obtida na tempada 1999-2000. Ó seguinte ano o equipo descendeu a División de Honra B, na que milita dende entón.
Na tempada 2010-11 o Oviedo RC rematou 5º no Grupo A da División de Honra B. Posicións do Oviedo RC en competicións ligueiras dende o ano da súa fundación Categoría20121110090807060504030201009998979695949392919089888786858483Div.Honra 1079 12 Div.Honra B 3 5º4º6º7º7º7º6º4º6º7º 1ª Nacional 1º2º1º1º3º5º8º 1º2º4º A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español.
Véxase tamén
Outros artigos Liga Española de rugby Copa do Rei de Rugby Ligazóns externas Web da Federación Española de Rugby . Web oficial do Oviedo RC .
Categoría:Equipos de rugby de España Categoría:Deporte en Oviedo