miniatura|250px|Fender Standard Jazz Bass do 2003 O Fender Jazz Bass (Jazz Bass ou J-Bass) foi o segundo modelo oficial de baixo presentado por Fender. Apareceu en 1960 como unha especie de versión Deluxe do Precision Bass. O modelo debe o seu nome a que foi presentado como a versión "en baixo" da guitarra Jazzmaster de Fender, que á súa vez pertencía á gama alta do catálogo de Fender, dirixida a músicos avanzados da técnica de jazz.Bibl., "How the Fender Bass Changed the World", pp.66
Características técnicas
O instrumento presenta un corpo lixeiramente diferente ao do do Precision, asimétrico e contornado,Fender utiliza o termo "Offsett contour body" para referirse ao deseño orixinal do corpo do Jazz Bass e conta cun mastro notablemente máis estreito que o do Precision, co obxectivo final de facilitar máis a execución aos baixistas e guitarristas que adoptaban o novo instrumento. Para a construción do modelo recorreuse desde o principio ás mesmas madeiras que se empregaban para o Precision: ameneiro para o corpo e pradairo para o mastroO Jazz orixinal contaba ademais cun diapasón de paurrosa, que se creara para o Precision un ano antes, en 1959Ao longo dos anos, Fender usou moitas outras madeiras para a fabricación destes instrumentos (por exemplo, o freixo intercambiouse co ameneiro frecuentemente na fabricación dos corpos), mais as madeiras "clásicas" son as citadas no texto
O Jazz Bass presenta dúas pastillas de bobinado simple con oito polos magnéticos cada unha, e tres rotores de control situados sobre unha placa metálica na parte inferior dereita do corpo do instrumento: dous controlan o volume individual de cada pastilla e o outro controla o ton de ambas. A pastilla máis próxima á ponte entrega un son brillante, compacto e definido, mentres que a do mastro dá un son máis grave e redondo. A posibilidade de mesturar os volumes de ámbalas dúas pastillas outorga ao J-bass unha maior versatilidade sonora respecto ao P-bass, e o feito de que estean conectadas en paralelo e presenten unha polaridade inversa, contribúe a reducir o ruído de masa e permite un son máis rico en frecuencias medias e menos agresivo que o do Precision bass.
esquerda|miniatura|Baixista usando un Modelo Jazz Bass.
Valoración O Fender Jazz Bass é un instrumento clásico e, pola súa versatilidade, foi un dos instrumentos máis usados por músicos de todos os xéneros. Paradoxalmente, foi precisamente no jazz onde tivo que esperar máis para lograr a súa total aceptación: o primeiro músico de relevancia en usar un J-bass foi, neste campo, Jaco Pastorius. Sentou cátedra na fabricación de baixos eléctricos e aínda hoxe, é un modelo co que se comparan os novos deseños.
O modelo orixinal Jazz Bass foi deseñado e continua sendo producido por Fender, mais o termo úsase hoxe en día para facer referencia a calquera instrumento fabricado seguindo o deseño básico de construción e electrónica. De feito, existen innumerables marcas e luthieres que, inspirados no modelo orixinal, construíron instrumentos que, respectando a estética, melloran, nalgúns casos, as súas prestacións sonoras. Como exemplos podemos citar os instrumentos fabricados por Roger Sadowsky ou Mike Lull
Evolución O deseño básico do modelo non mudou moito nestes últimos 50 anos de historia, alén de Fender introducir e elimir unha serie de pequenas modificacións e melloras debidas ás esixencias dos tempos. Estas pequenas diferenzas son esenciais para datar os instrumentos. Cronoloxía 1960: O Jazz Bass orixinal de 1960 presentaba un total de catro controis, organizados en dous grupos de dous controis (volume e ton) para cada pastilla. Estes primeiros instrumentos son moi apreciados polos coleccionistas, pois fabricáronse moi poucos exemplares con esta configuración. Este modelo orixinal presenta cobrepastillas metálicas. Á parte da súa función decorativa, estes cobrepastillas contribuían a illar electricamente as pastillas, reducindo o ruído de masa. Tamén dispoñía de dispositivos de goma para mutear as cordas. Daquela, o baixo eléctrico era de recente aparición, e o concepto que se tiña do instrumento era moi diferente ao que temos hoxe en día del: supoñíase que o son do baixo eléctrico tiña que emular o "punch" xordo do contrabaixo. 1961: A maioría dos instrumentos eran xa fabricados seguindo a configuración de pastillas que actualmente consideramos estándar, isto é, dous controis de volume (un para cada pastilla) e un terceiro de ton xeral. Comézanse a incluír instrumentos de cores no catálogo (os primeiros Jazz bass eran exclusivamente sunburst). Póñense números de patente baixo o logo. 1962/63: Desaparece definitivamente a configuración de controis orixinal. Abandónanse os muteadores e engádese o prefixo "L" ao número de serie, localizado na placa metálica da parte posterior do corpo. 1964: O logo "Offset contour body" desprázase ao extremo do caravilleiro. Substitúese o material dos marcadores sobre diapasón e das bobinas. 1965: CBS adquire Fender, dando fin ao "período clásico" de Fender. 1966: Ofrécense opcionalmente diapasóns de pradairo sobre o mastro, que agora presenta liñas sobre o bordo. Empréganse por primeira vez marcadores rectangulares sobre o diapasón e substitúense os trastes con trastes de dimensións maiores (medio jumbo). Introdúcese un deseño de caravillas de afinación distinto: as caravillas son agora fabricadas pola propia Fender,anteriormente utilizábanse caravillas Kluson de forma oval, e que se xiran en sentido normalAs caravillas "Kluson" xiraban en sentido inverso 1969: Desaparece o parafuso da parte posterior do caravilleiro. Substitúese o logo por un de maiores dimensións. Empréganse acabados en poliéster. 1970: Ofrécense acabados Thick skin e en natural (sobre instrumentos de corpo de freixo) 1972/73: Desprázase a pastilla da ponte a unha posición lixeiramente máis próxima a esta. 1975: Desprázase o bloque do polgar á parte superior do corpo. Nos instrumentos con diapasóns de pradairo úsanse marcadores en bloque de nácara e liñas laterais brancas. Úsanse tres parafusos para fixar o mastro ao corpo (antes usábanse catro) e introdúcense por primeira vez golpeadores de cor negra. 1976: Métense novas caravillas fabricadas por Schaller. O número de serie pasa da placa de suxeición do mastro ao caravilleiro, baixo o logo, que é reducido de tamaño. Elimínase o logo "Offset contour body" da pa. 1977: Cambian os rotores de control, agora mostran as etiqueta "volume" dúas veces e "tone". 1981: Vólvese á fixación do mastro con catro parafusos. 1982: Fender introduce reedicións dos seus modelos clásicos, entre eles, o Jazz bass do '62. Abandónanse os marcadores rectangulares. Squier Japan comeza a súa produción. 1983: Elimínase a placa metálica de control, a liña de decoración, as placas cobrepastillas e os bloques pousapolgares para abaratar custos de produción. 1984: Fender ponse en venda. 1985: Bill Schultz merca Fender e inicia a produción en Corona, inicialmente moi limitada. Aprovéitanse restos de stock para a produción de instrumentos de serie. miniatura|160px|American Deluxe J-bass do 2005. 1987: Preséntase o modelo Jazz Bass Plus, primeiro modelo producido na nova factoría de Corona. Fender inicia a súa Custom Shop 1989: O novo Jazz bass de serie presenta importantes modificacións: 22 trastes, un corpo levemente agrandado e redeseñado, novas caravillas e un novo logo. 1990/91: Introdúcense opcionalmente pastillas "Lace sensor". A Custom Shop ofrece o modelo "Jaco Pastorius Signature". 1995: Redeséñase toda a gama estándar, volvendo ao deseño tradicional, con 20 trastes e cordas a través do mastro. Ofrécese o Jazz Bass de 5 cordas. Aparece a serie "Deluxe", con corpo reducido e electrónica activa, que busca fusionar unha estética tradicional con sons máis modernos. 1996: Sácase o "Jazz Bass 50th Anniversary", en edición limitada. 1997: Introdúcense os diapasóns de pradairo para as series "Standard" e "Deluxe", así como a opción fretless. 1998: Renoméase a serie "Deluxe" como "American Deluxe", con logo cromado, marcadores de abalone, novas caravillas "lite" e golpeadores en menta. Aparecen as pastillas "Jazz Noiseless". 1999: Aparece o "Jazz Bass American Deluxe V" e faise unha reedicón americana do modelo "'75 Jazz Bass". 2000: A serie "Standard" rebautízase como "American Standard" e sofre pequenas modificacións. Os modelos "Jazz Bass Standard" son fabricados en México. 2001: Introdúcense os modelos "FMT" e "QMT" na serie "Amercian Deluxe", que presentan tapas de pradairo flameado ou "quilt", e que se abandona no 2007. 2003: Introdúcese o swicht "S-1" no modelo "American Standard", que permite usar as pastillas en serie, obtendo un son similar ao do do Precision. 2004: Aparece o "Jazz Bass 24", de 24 trastes, fabricado en México ou Corea.
Versións do Jazz Bass A continuación hai unha lista exhaustiva das diferentes versións que se coñecen do J-bass, segundo ano e orixe de fabricación. A non ser que se mencione o contrario, as características de cada versión corresponden coas do modelo base, isto é:
Mastro aparafusado ao corpo con catro parafusos. Diapasón sobre o mastro. Escala de 34 polgadas. 22 trastes. Catro caravillas de afinación metálicas en liña no caravilleiro. Hardware de níquel ou cromado. Tres controis, dous de volume para cada pastilla e un de ton xeral.
Modelos estadounidenses Modelos estadounidenses regulares J-bass, primeira versión (1960-62): catro controis montados en dous stacks (volume e ton para cada pastilla); Muteadores de goma sobre a ponte. J-bass, segunda versión (1962-75): tres controis; Opción de diapasón en pradairo; Marcadores rectangulares desde 1966. J-bass, terceira versión (1975-81): o axuste da alma faise no caravilleiro ("Bullet" trus-rod); Unión do corpo ao mastro con tres parafusos. J-bass Standard, primeira versión (1981-83): axuste da alma na base do mastro; pastillas brancas; marcadores redondos. J-bass Standard, segunda versión (1983-85): os controis e o jack sitúanse directamente sobre o golpeador. American Standard J-bass, segunda versión (1995-2000): 20 trastes; cordas a través do corpo. American J-bass (2000-07): 20 trastes; golpeador de plástico en cor crema; Control Switch-1 desde 2003. American Standard J-bass, terceira versión (2008-): 20 trastes; ponte reforzada. Highway one J-bass, primeira versión (2003-06): acabado satinado. Axuste da alma desde o caravilleiro. Highway one J-bass, segunda versión (2006-): acabado satinado. Axuste da alma desde o corpo. Logo estilo '70. Modelos estadounidenses de reedición 62 J-bass (1982-98): Réplica do modelo J-bass, primeira versión (1960-62). 62 J-bass Limited Edition (1987-89): réplica do modelo J-bass, primeira versión (1960-62), versión "deluxe". American Vintage '62 J-bass (1998-): réplica do modelo J-bass, primeira versión (1960-62). American Vintage '75 J-bass (1999-): réplica do modelo J-bass, terceira versión (1975-81). 64 J-bass (1999-): réplica do modelo J-bass, segunda versión (1962-75). Relic '60 J-bass (1996-98): réplica con acabados "Relic" do modelo J-bass, segunda versión (1962-75) esquerda|miniatura
Modelos estadounidenses revisados American Classic J-bass (1995-96): corpo e caravilleiro máis miúdos; Marcadores rectangulares; Catro controis. American Classic J-bass FMT (1995-96): como o anterior modelo, pero con tapa de pradairo flameado. American Classic J-bass V FMT (1995-96): versión en cinco cordas do modelo anterior. Deluxe J-bass (1995-97): Corpo e caravilleiro reducidos; catro controis; Electrónica activa. American Deluxe J-bass (1998-): corpo máis pequeno e redeseñado; Catro controis; Electrónica activa. American Deluxe J-bass V (1998-): versión en cinco cordas do modelo anterior. American Deluxe J-bass FMT ou QMT (2001-06): corpo reducido; tapa en madeiras de luxo; Hardware bañado en ouro. American Deluxe J-bass V FMT ou QMT (2001-06): versión en cinco cordas do modelo anterior.