300px|miniatura|O Estadio Nuevo Los Cármenes de Granada acolleu partidos da Liga BBVA por primeira vez desde a súa inauguración en 1995.

A tempada 2011/12 da Primeira División Española de fútbol foi a 81ª edición desta competición. Comezou o 27 de agosto de 2011 e finalizou o 13 de maio de 2012. Inicialmente estaba previsto que dese comezo o día 20 de agosto, pero a AFE, co apoio dos futbolistas, convocou unha folga como medida de presión para conseguir mellores condicións no convenio colectivo, polo que non se puido disputar a primeira xornada de liga na data fixada. Isto deu lugar a que se aprazase a xornada inaugural para a fin de semana do 22 de xaneiro de 2012 e, a vixésima, para o 2 de maio do mesmo ano.

O Deportivo da Coruña, por primeira vez en 20 anos, non participou na categoría; en cambio, regresou á mesma o Betis tras dous anos de ausencia, acompañado polo Rayo Vallecano, cuxa última participación produciuse na tempada 2002/03, e o Granada, que estivo presente por última vez na campaña 1975/76.

O Real Madrid coroouse campión cunha marca de 100 puntos, conseguindo así o seu 32º título de Liga. Ademais, tamén logrou bater outros rexistros históricos como o de equipo máis goleador, con 121 tantos, e o de maior número de vitorias nunha tempada, con 32. Por outra parte, o Málaga clasificouse, por primeira vez na súa historia, para disputar a rolda previa da Liga de Campións, mentres que o Levante fixo o propio finalizando en postos de acceso á UEFA Europa League.

Barcelona e Valencia xogarán xunto co campión a Liga de Campións, mentres que Atlético de Madrid e Athletic Club, como subcampión de Copa, acompañarán ao Levante na UEFA Europa League. Finalmente, Villarreal, Sporting de Gijón e Racing de Santander perderon a categoría logo de 12, 4 e 10 tempadas consecutivas respectivamente na máxima categoría.

Equipos e estadios Tomarán parte na competición vinte equipos. Deportivo da Coruña, Hércules CF e UD Almería, descendidos a tempada anterior, foron substituídos por Betis e Rayo Vallecano, ascendidos de forma directa, e Granada CF, campión do play-off de ascenso.

EquipoCidadeEstadioCapacidadeAdestradorMarcaPatrocinioAthletic Club 20px|border Bilbao San Mamés 40.000 Marcelo Bielsa Umbro PetronorAtlético de Madrid 20px|border Madrid Vicente Calderón 54.851 Diego Simeone Nike KyoceraFC Barcelona Barcelona Camp Nou 98.787 Josep Guardiola Nike Qatar Foundation e UnicefReal Betis Sevilla Benito Villamarín 56.432 Pepe Mel RBb CajasolRCD Espanyol Cornellà de Llobregat Cornellà-El Prat 42.000 Mauricio Pochettino Li Ning InterwettenGetafe CF Xetafe Alfonso Pérez 18.000 Luis García Plaza Joma Burger KingGranada CF Granada Nuevo Los Cármenes 16.500 Abel Resino Legea Caja GranadaLevante UD Valencia Ciutat de València 25.354 Juan Ignacio Martínez Luanvi Comunitat ValencianaMálaga CF Málaga La Rosaleda 28.963 Manuel Pellegrini Nike UNESCORCD Mallorca Palma Iberostar Estadi 23.142 Joaquín Caparrós Macron Bet-At-HomeCA Osasuna Pamplona Reyno de Navarra 19.800 José Luis Mendilibar Astore Racing de Santander Santander El Sardinero 22.124 Juanjo González Joma PalaciosRayo Vallecano Madrid Vallecas 15.500 José Ramón Sandoval Patrick ClesaReal Madrid Madrid Santiago Bernabéu 80.354 José Mourinho Adidas bwin.com Real Sociedad Donostia Anoeta 32.076 Philippe Montanier Nike GuipúscoaSevilla FC Sevilla Ramón Sánchez Pizjuán 45.500 Míchel Li Ning Sporting de Gijón Xixón El Molinón 29.500 Javier Clemente Kappa Gijón / AsturiasValencia CF Valencia Mestalla 55.000 Unai Emery Joma Villarreal CF Vila-real El Madrigal 25.000 Miguel Ángel Lotina Puma Aeroport de CastellóReal Zaragoza Zaragoza La Romareda 34.601 Manolo Jiménez Adidas Proniño

Equipos por comunidades autónomas

Comunidade autónoma Nº Equipos4 Atlético, Getafe, Rayo Vallecano e Real Madrid4 Betis, Granada, Málaga e Sevilla3 Levante, Valencia e Villarreal2FC Barcelona e Espanyol2Athletic e Real Sociedad1Zaragoza1Sporting1Racing1Mallorca1Osasuna

Sistema de competición A Primeira División de España 2011/12 foi organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

Como en tempadas precedentes, consta dun grupo único integrado por vinte clubs de toda a xeografía española. Seguindo un sistema de liga, os vinte equipos enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación establecerase con arranxo aos puntos obtidos en cada enfrontamento, a razón de tres por partido gañado, un por empatado e ningún en caso de derrota. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualasen a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación serían os seguintes: A maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos. Se persiste o empate, teríase en conta a diferenza de goles a favor e en contra en todos os encontros do campionato. Se aínda persiste o empate, teríase en conta o maior número de goles a favor en todos os encontros do campionato.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate previstos polo regulamento son os seguintes: A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre si polos clubs implicados. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre si polos clubs implicados. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de fair play.

Efectos da clasificación O equipo que máis puntos some ao final do campionato será proclamado campión de liga e obterá o dereito automático a participar na fase de grupos da seguinte edición da Liga de Campións da UEFA, xunto co subcampión e o terceiro clasificado; o cuarto disputará a rolda previa para acceder á fase de grupos.

O quinto e o sexto clasificado obterán o dereito a participar na próxima UEFA Europa League.

Os tres últimos equipos descenderán directamente á Segunda División. Para substituílos ascenderán de Segunda os dous primeiros clasificados, xunto co gañador dunha promoción que disputarán os clasificados entre o terceiro e sexto posto.

Xustiza deportiva As cuestións de xustiza deportiva son competencia da Real Federación Española de Fútbol a través dos seus Comités de Disciplina Deportiva: Comité de Competición, Xuíces de Competición e Comité de Apelación. O Comité de Competición ditamina semanalmente as sancións aos futbolistas. Os xogadores son sancionados cun partido de suspensión en caso de acumular cinco amoestacións ao longo do campionato. Igualmente, son suspendidos aqueles futbolistas expulsados durante un encontro.

Os árbitros de cada partido son designados por unha comisión creada para tal obxectivo e integrada por representantes da LFP e a RFEF.

Clasificación PosEquipoXGEPGFGCDGPts1.Real Madrid38324212132+891002.Barcelona38287311429+85913.Valencia381710115944+15614.Málaga38177145453+1585.Atlético de Madrid381511125346+7566.Levante38167155450+4557.Osasuna381315104461−17548.Mallorca381410144246−4529.Sevilla381311144847+15010.Athletic Club1381213134952−34911.Getafe381211154051−114712.Real Sociedad381211154652−64713.Betis38138174756−94714.Espanyol381210164656−104615.Rayo Vallecano38134215373−204316.Zaragoza38127193661−254317.Granada38126203556−214218.Villarreal38914153953−144119.Sporting de Gijón38107214269−273720.Racing de Santander38415192863−3527

O Athletic Club, décimo clasificado, clasificouse para a UEFA Europa League xa que foi finalista da Copa do Rei 2011-12, e o outro finalista, o FC Barcelona, ocupou unha praza para a Liga de Campións.

X = Partidos xogados; G = Partidos gañados; E = Partidos empatados; P = Partidos perdidos; GF = Goles a favor ; GC = Goles en contra; DG = Diferenza de goles; Pts = Puntos

Fase de grupos da Liga de Campións Rolda previa da Liga de Campións Cuarta rolda da Europa League Terceira rolda da Europa League 10px Descende a Segunda División

Posicións por xornada

{| class="wikitable sortable" style="font-size: 82%; text-align:center;" ! rowspan=2 width="76"|Equipo \ Xornada ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| ! align=center| |- ! align=center|02 ! align=center|03 ! align=center|04 ! align=center|05 ! align=center|06 ! align=center|07 ! align=center|08 ! align=center|09 ! align=center|10 ! align=center|11 ! align=center|12 ! align=center|13 ! align=center|14 ! align=center|15 ! align=center|16 ! align=center|17 ! align=center|18 ! align=center|19 ! align=center|01 ! align=center|21 ! align=center|22 ! align=center|23 ! align=center|24 ! align=center|25 ! align=center|26 ! align=center|27 ! align=center|28 ! align=center|29 ! align=center|30 ! align=center|31 ! align=center|32 ! align=center|33 ! align=center|34 ! align=center|35 ! align=center|36 ! align=center|20 ! align=center|37 ! align=center|38 |- |R. Madrid ||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #FEDF68"|<center>5||<center>7||style="background: #FEDF68"|<center>5||style="background: #B0C4DE"|<center>3||style="background: #B0C4DE"|<center>3||style="background: #B0C4DE"|<center>2||style="background: #B0C4DE"|<center>2||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1||style="background: #90EE90"|<center>1 |-