A batalla de Muret consistiu na escaramuza decisiva da chamada cruzada albixense. Tivo lugar o 13 de setembro de 1213 nunha chaira da localidade occitana de Muret, uns doce quilómetros ao sur de Tolosa de Linguadoc. A contenda enfrontou a Pedro II de Aragón, os seus vasalos e os seus aliados, entre os que se encontraban Raimundo VI de Tolosa, Bernardo V de Cominges e Raimundo Roxerio I de Foix, contra as tropas cruzadas e as de Filipe II de Francia lideradas por Simón IV de Montfort.Jordi Bolòs, Diccionari de la Catalunya medieval (ss. VI-XV). Edicions 62, Col·lecció El Cangur / Diccionaris, núm. 284. Barcelona, abril de 2000. ISBN 84-297-4706-0, páx. 180. O triunfo correspondeulle ás forzas de Simón de Montfort, o cal se converteu, como consecuencia da súa vitoria, en duque de Narbona, conde de Tolosa, vizconde de Béziers, vizconde de Carcasona. As tropas aragonesas e occitanas sufriron unhas perdas de 15 000 a 20 000 homes. Pedro II de Aragón, coñecido como Pedro o Católico, faleceu na batalla. Seu fillo, de cinco anos, o futuro rei Xaime I de Aragón, que estaba baixo custodia de Simón de Montfort, que cunha filla súa se concertara matrimonio nun intento para resolver o conflito,Herradón, Jaime I el Conquistador, el rey cruzado. debeu ficar un ano como refén, até que, por orde do papa Inocencio III, Montfort entregouno aos templarios.

Marcou o inicio da dominación dos reis franceses sobre Occitania. Foi tamén o comezo da fin da expansión aragonesa na zona. Antes da batalla, Pedro II de Aragón conseguira o dominio do condado de Tolosa, do de Foix e do de Cominges. Trala súa derrota e morte, seu fillo e herdeiro Xaime I tan só conservou o señorío de Montpellier por herdanza de súa nai, María de Montpellier. A partir deste feito, a expansión aragonesa encamiñouse cara Valencia e as Illas Baleares.

Antecedentes

300px|miniatura|O espazo occitano-aragonés antes da Batalla de Muret.

A principios do século XIII, a herexía cátara instalárase polo territorio de Occitania ameazando a doutrina da Igrexa Católica. O papa Inocencio III, despois de ter lanzado unha cruzada infrutuosa contra os cátaros, intentou reconciliarse co conde Raimundo VI de Tolosa. Non obstante, Arnaldo Amalric, legado papal, e Simón IV de Montfort, non estaban de acordo coas negociacións, esixíndolle a Raimundo VI unhas condicións moi duras.

Raimundo VI buscou aliados cunha ortodoxia católica indubidable, e tras entrevistarse con diversos monarcas europeos, aliouse co seu cuñado Pedro II de Aragón, coñecido como o Católico. Este rei actuou como intermediario co fin de encontrar unha reconciliación, pero finalmente o papa Inocencio III púxose de parte de Simón IV de Montfort e proclamou a cruzada pensando que así erradicaría a herexía de forma definitiva. A cruzada empezou co masacre de Beziers e o sitio de Carcasona de 1209, continuando ao ano seguinte co ataque ás fortalezas de Minerve, Termes e Lastours.

En 1213, Simón de Montfort reiniciou a súa campaña contra o conde Raimundo VI de Tolosa. Este retirouse á súa capital e pediu a intervención papal; o Papa ordenou a celebración do concilio de Lavaur, que empezou o 15 de xaneiro de 1213, e onde se postulou polo retorno dos condados e terras aos seus titulares a cambio da submisión á Igrexa.Sella, La batalla de Muret, pas a pas. A pesar de que os congregados rexeitaron a proposta, o rei Pedro II de Aragón conseguiu que o Papa enviase un legado. Ante a evidencia de que os cruzados estaban determinados a acabar co conde de Tolosa e que a intervención do Papa só lograría atrasar os feitos, Pedro II de Aragón decidiu acoller aos condes de Tolosa, Foix e Cominges,Cabestany y Bagué, Història de Catalunya, vol. III. Els primers comtes-reis. e ao vizconde de Bearn baixo a súa protección, e combater aos cruzados.

Progresivamente, Montfort foi ocupando as vilas próximas a Tolosa, até que esta caeu no seu poder. Entre as vilas ocupadas atopábase Muret, que fora conquistada sen encontrar resistencia en 1212. A súa situación estratéxica, ao estar situada entre os ríos Garona e Loja, determinou que Simón IV de Montfort a elixira como base de operacións, deixando unha gornición de 30 a 60 cabaleiros, e 700 peóns de infantaría.R. G. Grant afirma que eran 1.200 soldados de infantería en Battle. A visual journey through 5.000 years of combat.

A partir de agosto, Pedro II cruzou os Pireneos desde Canfranc ou BenasqueHernández, F. X., Historia militar de Catalunya. cuns mil cabaleiros e homes de armas. Mentres se achegaba a Tolosa, os castelos da conca do Garona que se renderan aos cruzados, fóronselle rendendo facilmente. Seguidamente, o rei enviou o seu exército sobre Muret, mentres Simón de Montfort se achaba en Saverdun.Histoire de Languedoc (1648), páxinas 326-327. Cando este tivo novas do perigo, reuniu as súas tropas e dirixiuse cara Muret rapidamente, ao encontro de Pedro II de Aragón.

Asedio de Muret

miniatura|300px|Plano da cidade de Muret en 1213, obra de F. X. Hernández. O 10 de setembro, as tropas de Pedro o Católico xuntáronse coas dos seus aliados occitanos e montaron dous campamentos na chaira da ribeira esquerda do Garona. Os campamentos estaban situados a uns 3 km do castelo da localidade e das embarcacións amarradas que chegaran desde Tolosa; estas estaban cheas de provisións, e contaban cuns 2.000 cabaleiros e uns 5.000 peóns de infantaría.R.G. Grant afirma que eran 30 000 soldados de infantería.

Os cabaleiros estaban divididos en tres grupos: o primeiro deles estaba dirixido por Raimundo Roxerio I de Foix e constaba duns 400 cabaleiros propios e uns 200 da Coroa de Aragón; o segundo grupo, formado por uns 700 cabaleiros da Coroa de Aragón, estaba ao mando do propio monarca, Pedro II, entanto que o terceiro e último grupo, duns 900 homes, estaba ás ordes de Raimundo VI de Tolosa e Bernardo IV de Cominges.

O mesmo día, 10 de setembro, os tolosanos comezaron o asedio con armas de asedio. Deste xeito tomaron unha das dúas portas da cidade, unha das torres e a vila nova, forzando aos cabaleiros franceses a retirarse á vila vella e ao castelo. Cando o rei Pedro tivo noticia de que Simón de Montfort se aproximaba a Muret, ordenou a retirada da infantaría que participaba no asedio para evitar que fose atacada pola retagarda. Desta forma, ao chegar ao día seguinte polo oeste con 900 cabaleiros, os cruzados puideron entrar na fortaleza de Muret por unha das portas que non estaba controlada polos tolosanos. Pola tarde chegaría un pequeno continxente baixo as ordes de Payen de Corbeil.Pedro de Vaux de Cernay, Hystoria Albigensis. Tamén se apunta a posibilidade de que Pedro II deixara entrar aos cruzados coa intención de encerralos en Muret.Soldevilla, Historia de Cataluña, páx. 170.

Preparación da batalla

Raimundo VI de Tolosa, que coñecía as tácticas do inimigo, propuxo fortificar o campamento cunha empalizada, asediar a cidade polo flanco oeste e esperar o ataque francés para defenderse cos besteiros e posteriormente contraatacar co obxectivo de recluílo no interior do castelo. Mais Pedro II, facendo oídos xordos dos consellos ofrecidos polo seu cuñado, plantou batalla sen esperar a que chegara todo o seu exército,Jerónimo Zurita, Anales de Aragón xa que os reforzos de Guillerme II de Montcada e de Bearn, Gastón VI de Bearn e Nuño Sánchez estaban de camiño. O rei quería que o seu exército, que participara na vitoria cristiá da batalla de Navas de Tolosa, se comparara en valentía coa até daquela invencible cabalería francesa sen fortificar o campamento, e pretendía vencer en campo aberto.

Simón IV de Montfort, en clara inferioridade numérica, con víveres para só unha xornada e a máis de cen leguas da súa base de operacións, decidiu non ficar pechado no castelo de Muret e lanzou un ataque fulminante,Oldenbourg, La hoguera de Montsegur, pp. 216-217. utilizando a mellor arma da cabalería pesada, a carga. Organizou a cabalería francesa en tres escuadróns de 300 cabaleiros: o escuadrón de vangarda dirixíano Guillaume de Contres e Guillaume des Barres, o segundo escuadrón estaba mandado por Bouchard de Marly e o terceiro polo propio Simón de Montfort; por outra parte, os besteiros e lanceiros defendían o castelo e protexían o acceso da cabalería. A tropa foi reunida na praza do mercado, onde se lle comunicou a orde de batalla cunha arenga de Montfort.

A batalla

Na madrugada do 13 de setembro, a infantaría tolosana reiniciou os traballos de asedio, atacando as portas da muralla mentres a cabalería vixiaba a posible saída dos cruzados. Pola tarde, a maior parte da cabalería aragonesa retirouse para descansar e ese foi o momento escolleito por Simón de Montfort para atacar coa súa tropa descansada, saíndo pola porta de Salas,Interpretación máis estendida que parte da crónica de Pedro de Vaux-de-Cernay. que daba ao río Loja e que os sitiadores non podían ver, dobrando unha esquina da muralla do castelo, cara á ponte de San Sernín e atravesando o río por un bado.

A cabalaría cruzada emerxeu de súpeto, do nivel do leito do río avanzando cara ao chairo, sorprendendo os sitiadores. Os dous primeiros corpos xiraron cara á esquerda, e a primeira das tres acometidas dos franceses foi respondida polas tropas de Raimundo Roxerio I de Foix,Michel Roquebert afirma que a cabalaría cruzada cargou directamente contra o groso da cabalaría aragonesa.Charles Oman, que consideraba o campamento ao leste da cidade, afirma que os cruzados marcharon cara Sales simulando unha fuxida, xirando noventa graos, cruzando o Loja, e cargando posteriormente. pero tiveron que repregarse rapidamente ante a impetuosidade da cabalería francesa, tomando o relevo as tropas do rei aragonés. Os franceses, coa súa gran manobrabilidade e conservando a formación, mantiveron vantaxe numérica nas dúas acometidas seguintes e non permitiron que os aragoneses se reagruparan.

miniatura|250px|A batalla de Muret no Libre dels fets.

Pedro o Católico decidira probar a súa valía como cabaleiro cambiando a súa armadura pola dun dos seus homes para enfrontarse como simple cabaleiro a Simón de Montfort, pero o obxectivo cruzado era o de matar ao monarca a toda costaAubarbier, Jean-Luc; Binet, Michel (2008), Le pays cathare, Ouest France. ISBN 978-2-7373-4401-5. porque a defensa da Igrexa xustificábao todo, e así se lle encargou a dous dos seus cabaleiros, Alain de Roucy e Florent de Ville, que abateron ao cabaleiro que vestía a armadura real e logo ao propio rei cando este foi descuberto ao grito de "El rei, heus-el aquí!", a pesar de ter este acabado con algúns dos seus atacantes.

A noticia da morte de Pedro II estendeu o pánico entre o resto do exército, que foi completamente derrotado ao ser sorprendido por un ataque polo flanco efectuado polas tropas de reserva de Montfort, emprendendo os cabaleiros aragoneses a retirada. O exército tolosano, que aínda non participara no combate, véndose desbordado pola multitude de aragoneses que retrocedían de forma desordenada, foise igualmente sen chegar a atacar, sendo alcanzado polos cabaleiros franceses, que provocaron unhas baixas entre os derrotados que se calculan entre os 15 000 e 20 000 homes.

Consecuencias

miniatura|220px|Simón IV de Montfort. Ilustración de 1835.