Karim Benzema, nado en Lión o 19 de decembro de 1987, é un futbolista francés de orixe alxeriana. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Al-Ittihad Club.

Traxectoria Como xuvenil do Gones (sobrenome principal do Olympique de Lión e palabra só usada en Lión para referirse de maneira familiar aos nenos) gañou un campionato de xogadores de 18 anos en Francia en 2005 (12 goles en 14 partidos) e foi finalista no Campionato de Fútbol Afeccionado en 2005 e 2006.

Comezou a súa carreira profesional na tempada 2004-2005 baixo as ordes de Paul Le Guen, aínda que disputou poucos partidos e non marcou ningún gol. O seu primeiro gol en partido oficial co Olympique de Lión foi en 2005 nun partido de Liga de Campións contra o Rosenborg, no que foi o súa primeira participación en devandita competición.

O 1 de xullo de 2009, o Olympique de Lión fixo oficial a súa fichaxe polo Real Madrid por 35 millóns de euros. Foi presentado no estadio Santiago Bernabéu o 9 de xullo con máis de 15.000 persoas. O 20 de abril de 2011 gañou o seu primeiro título co Real Madrid, logo de vencer ao FC Barcelona na final de Copa.

En outubro de 2021, no xuízo de Karim Benzema no caso de sextape Mathieu Valbuena, a fiscalía de Versalles pediu ao xulgado penal que pronuncie unha pena de prisión suspendida de dez meses e unha multa de 75.000 euros contra Karim.

Selección nacional O 28 de marzo de 2008 xogou o seu primeiro partido coa selección absoluta de Francia contra Austria no Stade de France, onde marcou o seu primeiro gol cos bleus.

En 2008 xogou tamén o seu primeiro trofeo internacional coa selección absoluta, a Eurocopa de Austria e Suíza, onde o seu equipo non conseguiu superar a fase de grupos, empatando con Romanía e perdendo cos Países Baixos e Italia. Neste campionato, Karim xogou 2 partidos e non marcou ningún gol.

Palmarés Campionatos nacionais TítuloClubPaísAnoLigue 1Olympique de LiónFrancia2005Supercopa de FranciaOlympique de LiónFrancia2005Ligue 1Olympique de LiónFrancia2006Supercopa de FranciaOlympique de LiónFrancia2006Ligue 1Olympique de LiónFrancia2007Supercopa de FranciaOlympique de LiónFrancia2007Ligue 1Olympique de LiónFrancia2008Copa de FranciaOlympique de LiónFrancia2008Copa do ReiReal MadridEspaña2011

Campionatos internacionais TítuloClub (*)PaísAnoEuropeo Sub-17Selección de FranciaFrancia2004UEFA-CAF Meridian CupSelección de FranciaTurquía2005

(*) Incluíndo a Selección

Distincións individuais

DistinciónAnoTrofeo Bravo2008Máximo goleador da Ligue 12008Xogador do ano da Ligue 12008Equipo do ano da Ligue 12008

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial Karim Benzema no sitio do Real Madrid Datos do xogador en fifa.com Datos do xogador en uefa.com

Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Lión Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Olympique de Lión Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Al-Ittihad Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Francia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA