"Toys, Toys, Toys, Choke, Toys, Toys, Toys" é unha canción da banda escocesa de rock alternativo Biffy Clyro, editada como sinxelo do seu segundo álbum, The Vertigo of Bliss, o 15 de xullo do 2002. Apareceu como dobre cara-a con "Joy.Discovery.Invention", e foi lanzado en CD e vinilo de 7". A cara-b do vinilo, "All The Way Down (Chapter 2)", apareceu orixinalmente no sinxelo independente de estrea do grupo, "iname", en 1999.

Listaxe de cancións CD "Joy.Discovery.Invention" – 3:38 "Toys, Toys, Toys, Choke, Toys, Toys, Toys" – 5:28 "The Houses of Roofs" – 5:12

7" "Toys, Toys, Toys, Choke, Toys, Toys, Toys" (Edit) – 4:08 "Joy.Discovery.Invention" – 3:38 "All The Way Down: Chapter 2" – 3:16

Categoría:Sinxelos de 2002 Categoría:Cancións de Biffy Clyro