Dominique O'Neal Jones, nado o 15 de outubro de 1988 en Lake Wales, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Jilin Northeast Tigers da Chinese Basketball Association (CBA).

Traxectoria Universidade Jones entrou na USF e xogou de inicio en todos os partidos na primeira tempada. Fixo 17,1 puntos por partido, con 4,6 rebotes e 2,8 asistencias. Na súa segunda tempada, mellorou a súa media de anotación (18.1), de rebotes (5.6) e de asistencias (3.9). No seu ano júnior liderou a Big East Conference en anotación con 21,4 puntos, e tamén capturou 6,1 rebotes e repartiu 3,6 asistencias. Anotou o seu maior rexistro da tempada con 46 puntos na vitoria por 109-105 sobre os Providence Friars.Dominique Jones ESPN.com USF tivo unha marca de 20–13 e Jones foi escollido no primeiro equipo do All-Big East.

Profesional Foi seleccionado na 25ª posición do draft da NBA de 2010 polos Memphis Grizzlies. Os Grizzlies traspasaron os seus dereitos aos Dallas Mavericks a cambio de preto de 3 millóns de dólares. O 30 de novembro de 2010, os Mavericks mandaron a Jones aos Texas Legends da NBA D-League, e foi chamado de volta en xaneiro de 2011 despois da lesión de Caron Butler. Anotou 9 puntos no seu regreso, na vitoria de Dallas por 104-95 sobre os Cleveland Cavaliers.Mavericks vs. Cavaliers 01/03 boxscore Unha lesión no pé apartouno por bastante tempo na tempada tras facer 2.3 puntos en 18 partidos.Sefco, Eddie. Mavericks' rookie Dominique Jones to miss significant time with foot injury

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en eurobasket.com

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Florida Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks