9969 Braille é un pequeno asteroide que cruza a órbita de Marte e xira arredor do Sol unha vez cada 3,58 anos. Foi descuberto en 1992 por astrónomos do observatorio Palomar e nomeado en honor a Louis Braille, o inventor do sistema de escritura para cegos que leva o seu nome. Foi fotografiado de cerca pola nave Deep Space 1 en 1999, pero un fallo produciu imaxes de baixa calidade.

Descubrimento e nomeamento Foi descuberto o 27 de maio de 1992 por Eleanor F. Helin e Kenneth J. Lawrence desde o observatorio Palomar como parte dun estudo da NASA sobre asteroides que cruzan órbitas de planetas. Deuselle provisionalmente o nome 1992 KD. Máis tarde foi bautizado Braille en honor a Louis Braille a suxestión do enxeñeiro de software pertencente ó Centro Espacial Kennedy, Kerry Babcock, en resposta á chamada do concurso da Sociedade Planetaria "Name That Asteroid" ("Nomea ese asteroide").MPC 35492 Minor Planet Center

Órbita esquerda|250px|miniatura|Órbita de Braille, coas órbitas dos cinco primeiros planetas representadas (a órbita máis exterior é a de Xúpiter). Braille ten unha órbita infrecuentemente inclinada e pertence á rara clase de asteroides coñecidos como cruzadores de Marte. Simulacións da súa órbita feitas por científicos da nave Deep Space 1 predín que a súa órbita pasará a cruzar á da Terra nuns 4000 anos. Aínda que o seu punto máis próximo ó Sol está por dentro da órbita de Marte, é altamente elíptica e leva ó asteroide a case a metade de camiño ata Xúpiter no seu apoapse, sendo o seu semieixo maior demasiado grande para clasificalo como un asteroide Amor.

Características físicas Braille é un asteroide de tipo Q, composto na súa maior parte de olivina e piroxeno. As observacións desde terra suxerían que podía ser un asteroide de tipo V, con composición parecida en parte á de 4 Vesta. A forma do asteroide é irregular, medindo aproximadamente 2,1 km × 1 km × 1 km.

Exploración A información máis detallada que se dispón de Braille ven principalmente da nave Deep Space 1, que pasou a 26 km do asteroide o 29 de xullo de 1999, así como de observacións desde terra feitas conxuntamente coa misión. Para o momento en que Deep Space 1 chegou ata Braille o seu espectrómetro ultravioleta non funcionaba, pero enviou un par de imaxes CCD de resolución media e tres espectros infravermellos durante o encontro. Con todo, aínda que a sonda achegouse ata 26 km do asteroide, as imaxes e os espectros foron tomados a unha distancia duns 14.000 km debido a problemas co sistema de seguimento. A misión principal de Deep Space 1 era probar novas tecnoloxías no espazo, pero o encontro con Braille foi de gran valor científico. Braille é o asteroide máis pequeno visitado ata agora por unha sonda espacial.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos orbitais e astronómicos de 9969 Braille no JPL

Categoría:Asteroides