Unha noite na ópera (en ) é un filme americano de 1935 protagonizado por Groucho Marx, Chico Marx e Harpo Marx, e coas intervencións de Kitty Carlisle Hart, Allan Jones, Margaret Dumont, Siegfried Rumann, e Walter Woolf King. Foi o primeiro filme dos Irmáns Marx para a Metro-Goldwyn-Mayer e o primeiro despois de que Zeppo Marx deixase de actuar. Foi dirixido por Sam Wood.
Sinopse O extravagante olfacto para os negocios de Groucho faino embarcar cara a Nova York xunto coas grandes estrelas da Ópera de Milán, cuns polisóns inesperados a bordo: Harpo e Chico. Entre os tres revolucionan o barco, organizan un escándalo en Nova York e converten a noite da estrea nunha tolemia que o mundo da ópera xamais poderá esquecer.
Personaxes Groucho Marx como Otis B. Driftwood Harpo Marx como Tomasso Chico Marx como Fiorello Kitty Carlisle como Rosa Castaldi Allan Jones como Ricardo Baroni Margaret Dumont como Mrs. Claypool Sig Ruman como Herman Gottlieb Walter Woolf King como Rodolfo Lassparri Robert Emmett O'Connor como Sarxento Henderson Edward Keane como O Capitán Purnell Pratt como O Alcalde
Véxase tamén
Outros artigos Irmáns Marx
Categoría:Filmes de 1935 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 1935 con versión en galego