Erie é unha cidade situada ao noroeste do estado de Pensilvania, nos Estados Unidos. Chamada así polo Lago Erie e pola tribo de nativos americanos que residían na comarca, Erie é a cuarta cidade máis grande do estado (despois de Filadelfia, Pittsburgh e Allentown), cunha poboación de 104.000 habitantes. A área metropolitana de Erie ten aproximadamente 280.000 residentes.

Erie está preto de Cleveland (Ohio), Buffalo (Nova York) e Pittsburgh (Pensilvania). Con abundante industria, o sector de manufacturación de Erie é moi prominente na economía local, onde a saúde, a educación e o turismo están crecendo e axudando moito á economía. Millóns de visitantes chegan a Erie para visitar o Presque Isle State Park, e tamén atraccións coma o casino ou as carreiras de cabalos, tamén no mesmo parque.

Erie é coñecida coma Flagship City pola presenza do buque insignia USS Niagara (1813). A cidade tamén se lle chamou Gem City, polo lago "gasoso". Erie gañou o All-America City Award en 1972.

Cidades irmandadas Dungarvan, Irlanda (2007) Lublin, Polonia (1998) Mérida, México (1973) Zibo, China (1985)

Notas

Categoría:Cidades de Pensilvania