Portland é a cidade máis grande do estado estadounidense de Maine e a capital do Condado de Cumberland, en Maine. A poboación en 2010 era de 66.194, cun crecemento dun 3% dende o censo do ano 2000. Portland é a cidade principal da área metropolitana, que inclúe os Condados de Cumberland, York, e Sagadahoc.

Os turistas visitan o histórico distrito de Old Port, polo Porto de Portland, na desembocadura do río Fore e parte da Baía Casco, e o Distrito das Artes de Portland, que vai pola Congress Street no centro da cidade. O Faro de Portland está situado no Cabo Elizabeth e marca a entrada ao porto.

O escudo da cidade representa un fénix renacendo das súas cinzas, xusto debaixo do lema da cidade, Resurgam, en latín "Levantareime de novo." O lema refírese ás reconstrucións de Portland ante catro incendios devastadores. A cidade de Portland, Oregón foi chamada así por Portland, Maine.

Cidades irmandadas 20px Arkhangelsk, Rusia 20px Cap-Haïtien, Haití 20px Mytilene, Grecia 20px Shinagawa, Tokyo, Xapón

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Portland - Wikivoyage (en) Cidade de Portland Porto de Portland Portland Public Schools Biblioteca pública de Portland Portland's Downtown District Turismo en Portland Antigos mapas de Portland

Categoría:Cidades de Maine