miniatura|Rúa adicada. José Ramón Fontán González, nado en Mos o 13 de marzo de 1915 e finado en Vigo o 2 de setembro de 1996, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 combatiu no exército rebelde como alférez provisional. Dedicouse aos negocios familiares e dende 1943 exerceu como avogado de oficio. Foi alcalde de Vigo durante o franquismo (1963-1964)"Sesión plenaria de las Cortes", artigo en La Vanguardia Española o 29 de novembro de 1963 e foi procurador en Cortes como representante dos municipios provinciais nese mesmo período.
Na década de 1960 adquiriu os dereitos de captación da auga do río Oitavén para subministrar a cidade olívica.
Foi secretario dos consellos de administración de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. e Tranvía Mondariz-Vigo, S.A. e presidente da Cruz Vermella. Escribiu abundantes artigos xornalísticos, que asinaba co pseudónimo de Codaste.
Vida persoal
Casou con María Rosa Domínguez Alonso e tiveron oito fillos: Rosa María, Cristina, José Ramón, Manuel, Jacobo, Roberto, Carlos e Miguel. Obra Don Cristóbal Colón. Súbdito de D.ª Isabel I de Castilla y gallego de nación (1988), Vigo, Artes Gráficas Galicia. Recoñecementos
Medalla de Ouro da Crz Vermella. Notas
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Mos Categoría:Nados en 1915 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Avogados de Galicia