William Wallace Denslow, nado en Filadelfia o 5 de maio de 1856 e finado o 29 de marzo de 1915, foi un ilustrador e caricaturista estadounidense.

Traxectoria É lembrado principalmente polas súas colaboracións co escritor Lyman Frank Baum, especialmente polos seus debuxos no libro O mago de Oz. As ilustracións de Denslow tiveron fortes cargas políticas, polo que o libro mencionado estivo sempre suxeito a numerosas interpretacións.

Estabeleceuse en Chicago, onde coñeceu a Baum. En 1902 a súa amizade con L. Frank Baum foi sacudida por unha pelexa entre ambos polas royaltys da adaptación ao cinema do Mago de Oz, e non volveron traballar xuntos. En calquera caso, as royaltys da película foron tales que permitiron a Denslow comprar unha illa. Morreu na escuridade por mor dunha pneumonía.

Véxase tamén

Outros artigos John R. Neill Ligazóns externas Hearn, Michael Patrick. “The Man Behind the Man Behind Oz: W.W. Denslow at 150”. 5 de xullo de 2006.

Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1915 Categoría:Ilustradores dos Estados Unidos de América Categoría:Mundo de Oz Categoría:Caricaturistas Categoría:Alumnos da Cooper Union Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania