Dog Eat Dog é unha banda estadounidense de hardcore punk procedente de Bergen County, Nova Jersey que se formou en 1990 como parte das escenas hardcore de Nova York e Nova Jersey. Dog Eat Dog foi un dos primeiros grupos en fusionar hardcore e rap, un estilo que posteriormente se faría común. Dog Eat Dog acadou o éxito comercial con sinxelos como "No Fronts", "Expect The Unexpected" e "Who's The King". Despois do seu álbum de estrea, o son da banda evolucionou para incorporar elementos do funk, do ska e do hip hop.
A actual formación está composta por Dave Neabore (baixo), John Connor (voces) e Brandon Finley (batería), coa axuda de Roger Haemmerli (guitarra) para as actuacións ao vivo. Os seus membros agora atópanse dispersos entre Nova Jersey, Washington, D.C. e Europa.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo All Boro Kings 1994 Roadrunner Records Play Games 1996 Roadrunner Records Amped 1999 Roadrunner Records Walk With Me 2006 Nuclear Blast, Wanted Records Free Radicals 2023 Metalville
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de hardcore punk Categoría:Grupos musicais de rap metal Categoría:Grupos musicais de rapcore Categoría:Grupos musicais do condado de Bergen