O Club Profesional de Fútbol CSKA de Moscova (en ruso: Профессиональный футбольный клуб - ЦСКА) é un club de fútbol de Rusia, con sede en Moscova. Fundado en 1911, forma parte da entidade polideportiva rusa CSKA Moscova. É un dos clubs máis laureados do fútbol ruso, xa que ten dez títulos de liga -nas súas edicións soviética e rusa- e unha Copa da UEFA. Actualmente xoga na Liga Premier de Rusia.

Esta entidade estivo historicamente ligada ao Exército Vermello, xa que era o club deportivo do exército soviético.

Historia

O CSKA foi fundado en 1911 por un grupo de esquiadores e é o club que, historicamente, estivo adxunto ao exército. As siglas CSKA —Tsentral’nuy Sportivnuy Klub Armiiy— significan en galego Club Deportivo Central do Exército. O CSKA gañou o campionato soviético en 7 ocasións (1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1970, 1991) e a Copa da Unión Soviética en 5 ocasións (1945, 1948, 1951, 1955, 1991).

Desde a disolución da URSS estivo baixo a sombra do Spartak de Moscova gañando só a Liga Rusa en tres ocasións (2003, 2005 e 2006), así como a Copa en 3 2002, 2005, e 2006.

Historia recente

Recentemente, o club recibiu unha axuda económica de parte de Sibneft, unha compañía petroleira cuxa propiedade é de parte do millonario ruso Román Abramóvich, no entanto, el non ten gran interferencia nos asuntos do equipo xa que el é o dono do Chelsea de Inglaterra e de acordo ás regras da UEFA, só permítese a unha persoa ou corporación controlar só un club en caso de participar en competencias europeas.

O CSKA Moscova gañou a Copa da UEFA no ano 2005, derrotando ao Sporting de Lisboa 3-1, converténdose no primeiro club ruso en obter un título europeo.

Estadio O PFC CSKA Moscova xoga actualmente no Arena Khimki xa que o club está construíndo un novo estadio en propiedade con capacidade para 30.000 espectadores sentados.

Uniforme

Uniforme titular: Camiseta vermella, pantalón e medias azuis. Uniforme alternativo: Camiseta, pantalón e medias grises.

Xogadores Cadro 2011-12 ''Actualizado a 13 de abril de 2011

16px

Palmarés Torneos nacionais

Liga Premier de Rusia (3): 2003, 2005 e 2006. Copa de Rusia (6): 2002, 2005, 2006, 2008, 2009, 2011. Supercopa de Rusia (4): 2004; 2006; 2007; 2009.

Liga da URSS (7): 1946, 1947, 1948, 1950, 1951, 1970, 1991. Copa da URSS (5): 1945, 1948, 1951, 1955, 1991.

Torneos internacionais Copa da UEFA (1): 2004-05

Trofeos amigables Trofeo Villa de Gijón (1): 1994

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial

CSKA Moscova Categoría:Equipos de fútbol fundados en 1911