Jorge Francisco Isidoro Luis Borges Acevedo (), nado en Buenos Aires, Arxentina, o 24 de agosto de 1899 e finado en Xenebra, Suíza, o 14 de xuño de 1986 foi un escritor arxentino. Foi coñecido especialmente polos seus contos e ensaios e a súa destacada obra poética. A súa obra, fundamental na literatura e o pensamento universal, ademais de obxecto de minuciosas análises e múltiples interpretacións, exclúe todo dogmatismo.Guiñazú, C. 1999. Prólogo al Congreso Internacional Il secolo di Borges. Letteratura, scienza, filosofía que fue realizado en Venecia del 25 al 27 de marzo de 1999 por Il Dipartimento di Studi Anglo-Americani e Ibero-Americani y la Universidad Ca'Foscari de Venecia, en ocasión del centenario del nacimiento del escritor argentino.
Ontoloxías fantásticas, xenealoxías sincrónicas, gramáticas utópicas, xeografías novelescas, múltiples historias universais, bestiarios lóxicos, éticas narrativas, matemáticas imaxinarias, dramas teolóxicos, invencións xeométricas e recordos inventados son parte da inmensa paisaxe que, nas súas obras, Borges ofrece tanto aos estudosos como ao lector non especializado. Sobre todo, a filosofía, concibida como perplexidade; o pensamento como conxectura, e a poesía, a forma suprema da racionalidade. Aínda que foi un literato puro, é preferido por semióticos, matemáticos, filólogos, filósofos e mitólogos, xa que Borges ofrece —a través da perfección da súa linguaxe, dos seus coñecementos, do universalismo das súas ideas, da orixinalidade das súas ficcións e da beleza da súa poesía— unha obra que fai honra á lingua española e ao pensamento universal.The University of Pittsburgh. «Why Borges?» Borges Center. Consultado o 1 de abril de 2010.
A súa relación coa literatura comezou a moi temperá idade; aos catro anos xa sabía ler e escribir. Diría, xa con 71 anos, que «Se tivese que sinalar o feito capital da miña vida, diría a biblioteca do meu pai. En realidade, creo non saír nunca desa biblioteca. É coma se aínda a estivese vendo… recordo con nitidez os gravados en aceiro da Chambers's Encyclopaedia e da Británica».Jorge Luis Borges en El Ortiva
Galardoado con numerosos premios, foi tamén polémico polas súas posturas políticas de corte conservador (dereitista), que puideron ser óbice para gañar o Premio Nobel de Literatura,Británico gana el Premio Nobel de Literatura (en inglés) James M. Markham. The New York Times, 7 de outubro de 1983. Accesado o 15-08-2010Feldman, Burton (2000) El Premio Nobel: una historia de genio, controversia y prestigio. Editorial Arcade; p. 81 (En inglés) ao que foi candidato durante case trinta anos.
Traxectoria Familia Borges consideraba que herdara dúas tradicións dos seus antepasados: unha militar e outra literaria. A súa árbore xenealóxica entróncao con ilustres familias arxentinas de estirpe crioula e anglosaxoa, así como tamén portuguesa. Descende de militares que tomaron parte na independencia arxentina, como Francisco Narciso de Laprida, que presidiu o Congreso de Tucumán e asinou a Acta da Independencia; Francisco Borges Lafinur —o seu avó paterno—, un coronel uruguaio; Edward Young Haslam —o seu bisavó paterno, un poeta romántico que editou un dos primeiros xornais ingleses do Río da Prata, o Southern Cros; Manuel Isidoro Suárez —o seu bisavó materno— foi un coronel das guerras da Independencia; Juan Crisóstomo Lafinur —o seu tío paterno— un poeta arxentino autor de composicións románticas, patrióticas e profesor de Filosofía; Isidoro de Acevedo Laprida —o seu avó materno— un militar que loitou contra Juan Manuel de Rosas.
O seu pai, Jorge Guillermo Borges, quen pertencía a unha familia de orixe portuguesa, foi un avogado arxentino, nacido en Entre Ríos, que se dedicou a impartir clases de psicoloxía. Era un ávido lector e tiña aspiracións literarias que concretou nunha novela, El caudillo, e algúns poemas; ademais traduciu a Omar Jayyam da versión inglesa de Edward Fitzgerald. Para 1970, Jorge Luís lembraba con estas palabras ao seu pai:
A súa nai, Leonor Acevedo Suárez, era porteña, aínda que algunhas fontes considérana uruguaia debido a que era filla de orientais. Aprendeu inglés do seu marido e traduciu varias obras ao español. A familia do pai tiña orixes españois, portugueses e ingleses; a da nai, españois e é posible que portugueses. Na súa casa falábase tanto castelán como inglés xa que logo, Jorge Luis creceu como bilingüe.
Primeiros anos miniatura|200px|Mapa da Cidade de Buenos Aires en 1890. A infancia de Borges transcorreu en Palermo, un barrio que daquela se achaba nas marxes da cidade Jorge Luis naceu o 24 de agosto de 1899 aos oito meses de xestación, nunha casa porteña de fins do século XIX con patio e alxibe, dous elementos que se repetirán como un eco nas súas poesías. A súa casa natal estaba na rúa Tucumán 840, pero a súa infancia transcorreu un pouco máis ao norte, en Serrano 2135, no barrio porteño de Palermo.
En 1905 comezou a tomar as súas primeiras leccións cunha institutriz británica. Ao ano seguinte escribiu o seu primeiro relato, La visera fatal, seguindo páxinas do Quixote. Ademais, esbozou en inglés un breve ensaio sobre mitoloxía grega. Aos nove anos traduciu do inglés The Happy Prince and Other Stories, de Oscar Wilde,Biblioteca de Traducciones Hispanoamericanas texto que se publicou no xornal El País rubricado por Jorge Borges (h). No barrio de Palermo, que por aquela época era un barrio marxinal de inmigrantes e coiteleiros, coñeceu as andanzas dos compadritos que despois poboaron as súas ficcións. Borges ingresou ao colexio directamente no cuarto grao. O inicio da súa educación formal aos 9 anos e nunha escola pública foi unha experiencia traumática para Borges, os compañeiros se mofaban daquel sabelotodo, que levaba anteollos, vestía como un neno rico, non se interesaba polos deportes e falaba tartamudeando. Durante os catro anos da súa permanencia nese colexio, Borges non aprendeu moito máis que algunhas palabras en lunfardo e varias estratexias para pasar desapercibido.Pascual, A.M. 2000. Jorge Luis Borges. Editorial Océano, S.L., Barcelona. ISBN 84-494-1810-0, p.21.
En 1914 o pai de Borges viuse obrigado a deixar a súa profesión, xubilándose de profesor debido á mesma cegueira progresiva e hereditaria que décadas máis tarde afectaría tamén ao seu fillo. Xunto coa familia, dirixiuse a Europa para someterse a un tratamento oftalmolóxico especial. Para refuxiarse da primeira guerra mundial, a familia instalouse en Xenebra (Suíza), onde o mozo Borges e a súa irmá Norah —nacida o 4 de marzo de 1901— asistirían á escola. Borges estudou francés e cursou o bacharelato no Liceo Jean Calvin. O ambiente naquel establecemento de inspiración protestante era completamente distinto ao da súa anterior escola de Palermo, os seus compañeiros, moitos deles estranxeiros como el, apreciaban agora os seus coñecementos e intelixencia e non se burlaban da súa tartamudez.Pascual, A.M. 2000. Jorge Luis Borges. Editorial Océano, S.L., Barcelona. ISBN 84-494-1810-0, p.24. Durante esa época leu sobre todo aos prosistas do realismo francés e aos poetas expresionistas e simbolistas, especialmente a Rimbaud. Á vez, descubriu a Schopenhauer, Nietzsche, Mauthner, Carlyle e Chesterton. Coa soa axuda dun dicionario aprendeu en por si o alemán e escribiu os seus primeiros versos en francés.
Grazas ao fin das hostilidades e despois do falecemento da súa avoa materna, a familia Borges marchou a España en 1919. Inicialmente instaláronse en Barcelona e logo trasladáronse a Palma de Mallorca. Nesta última cidade Borges escribiu dous libros que non publicou: Los ritmos rojos, poemas de eloxio á Revolución rusa, e Los naipes del tahúr, un libro de contos. En Madrid e en Sevilla participou do movemento literario ultraísta, que logo encabezaría na Arxentina e que influiría poderosamente na súa primeira obra lírica. Colaborou con poemas e na crítica literaria nas revistas Ultra, Grecia, Cervantes, Hélices e Cosmópolis. A súa primeira poesía, Himno al mar, escrita no estilo de Walt Whitman, foi publicada na revista Grecia o 31 de decembro de 1919.A versión completa do poema atópase en Textos recobrados entre as páxinas 24 e 26, pero foi publicado por primeira vez en Grecia, Revista Quincenal de Literatura, Sevilla, Ano 2, N.37, 31 de decembro de 1919
Nesta época coñeceu ao seu futuro cuñado, Guillermo de Torre, e a algúns dos principais escritores españois da época, como Rafael Cansinos Assens —a quen frecuentaba no famoso Café Colonial e a quen sempre considerou o seu mestre— Ramón Gómez de la Serna, Valle Inclán e Gerardo Diego.
Inicios da súa carreira literaria miniatura|200px|Borges en 1921. O 4 de marzo de 1921, xunto coa súa avoa paterna —Frances Haslam, quen se lles uniu en Xenebra en 1916— os seus pais e a súa irmá, Borges embarcou no porto de Barcelona no Reina Victoria Eugenia, que os devolvería a Buenos Aires. No porto esperábaos o escritor, filósofo do paradoxo e humorista surreal Macedonio Fernández, cuxa amizade Borges habería de herdar do seu pai. O contacto con Buenos Aires levou o poeta a unha relación exaltada de «descubrimento» coa súa cidade natal. Así comezou a dar forma á mitificación dos barrios suburbanos, onde asentaría parte do seu constante idealización do real. Xa en Buenos Aires publicou na revista española Cosmópolis, fundou a revista mural Prisma (da que só se publicaron dous números) e tamén publicou en Nosotros, dirixida por Alfredo Bianchi. Por esa época coñeceu a Concepción Guerrero, unha moza de dezaseis anos de quen se namorou. En 1922 visitou a Leopoldo Lugones xunto a Eduardo González Lanuza para entregarlle o último número de Prisma. En agosto de 1924 fundou a revista ultraísta 'Proa' xunto con Ricardo Güiraldes, autor de Don Segundo Sombra; Alfredo Brandán Caraffa e Pablo Rojas Paz, aínda que paulatinamente iría abandonando esa estética. En 1923, en véspera dunha segunda viaxe a Europa, Borges publicou o seu primeiro libro de poesía, Fervor de Buenos Aires, no que se prefigura, segundo palabras do propio Borges, toda a súa obra posterior. Foi unha edición preparada apuradamente, na que se coaron algunhas erratas e que, ademais, carecía de prólogo. Para a tapa a súa irmá Norah realizou un gravado. Editáronse uns trescentos exemplares; os poucos que se conservan son considerados tesouros polos bibliófilos e nalgúns se aprecian correccións manuscritas realizadas polo mesmo Borges. En Fervor de Buenos Aires é onde emotivamente confesou que, finalmente, «as rúas de Buenos Aires/xa son a miña entraña». Son trinta e tres poemas tan heteroxéneos que aluden a un xogo de cartas (o truco), a Juan Manuel de Rosas, ou á exótica cidade india de Benarés; sen aforrar o espazo para entreterse nun patio anónimo de Buenos Aires, «na amizade escura/dunha entrada, dunha parra e dun alxibe». Sobre o espírito deste libro escribiu Borges que «naquel tempo buscaba os atardeceres, os arrabaldes e a desgracia».
Despois dun ano en España e instalado definitivamente na súa cidade natal a partir de 1924, Borges colaborou nalgunhas revistas literarias e con dous libros adicionais, Luna de enfrente e Inquisiciones —que nunca reeditou— establecería para 1925 a súa reputación de xefe da máis nova vangarda. No seguintes trinta anos Borges transformaríase nun dos máis brillantes e máis polémicos escritores de América. Canso do ultraísmo que el mesmo trouxera de España, tentou fundar un novo tipo de rexionalismo, enraizado nunha perspectiva metafísica da realidade. Escribiu contos e poemas sobre o suburbio porteño, sobre o tango, sobre fatais pelexas de coitelo, como Hombre de la esquina rosada e El puñal. Pronto se cansou tamén deste «ismo» e empezou a especular por escrito sobre a narrativa fantástica ou máxica, ata o punto de producir durante dúas décadas —desde 1930 a 1950— algunhas das máis extraordinarias ficcións do século XX: Historia universal de la infamia, Ficciones, El Aleph, entre outros.